Pedro Picapedra
Pedro Picapedra[1] (Frederick "Fred" Flintstone en inglés) é un personaxe ficticio da serie de televisión de debuxos animados Os Picapedra. Durante os anos sesenta foi o personaxe principal da serie, que constaba de diversas historias dunha familia común americana da época, mais ambientada na Idade de Pedra. Concepto semellante repetiuse cos Supersónicos, coa diferenza de demostrar a vida no futuro.
Características
[editar | editar a fonte]Aparencia e personalidade
[editar | editar a fonte]Pedro é baixiño e forte. Viste unha gravata azul, de pelo moreno ben peiteado, e cun traxe sinxelo de pel de tigre, sen mangas nin pantalón; vai descalzo.
Pedro é algo rudo e túzaro, seguro de si mesmo, mais pouco reflexivo. Traballa nunha canteira de pedra, a do Sr. Lousa.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]A dona de Pedro Picapedra é Wilma Picapedra, coa que ten unha filla: Pebbles. Ten tamén unha mascota: Dino, un dinosauro púrpura de comportamente canino. As súas principais afeccións son xogar aos birlos, combinar co seu amigo Paulo Mármore e as reunións dos Búfalos Mollados (símbolo da masonaría). A súa típica frase é Yabba Dabba Doo.
A dobraxe
[editar | editar a fonte]A voz orixinal en inglés de Pedro Picapedra púxoa Alan Reed (1960-1977); despois Henry Corden (1978-2005) e agora James Arnold Taylor (2005-Presente)
En Galiza a serie emitiuse primeiro coa dobraxe latinoamericana na TVE: a voz púñaa Jorge Arvizu e despois Arturo Mercado.
A dobraxe en galego fíxoa Antón Cancelas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome empregado en galego para o personaxe na serie Os Picapedra emitida pola TVG.