Saltar ao contido

Premio Turing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Turing é concedido anualmente pola Asociación para a Maquinaria de Computación (en inglés Association for Computing Machinery, ou ACM) a unha persoa pola súa contribución á computación.

A denominación do premio responde a Alan Mathison Turing, un matemático británico considerado un dos pais da ciencia da computación moderna. O premio é recoñecido como o "Premio Nobel da informática". Está patrocinado pola Intel Corporation e acompañado actualmente por un premio monetario de 250.000 dólares.

Nacionalidades

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos laureados son estadounidenses. De 1966 a 2018:

País Laureados Suma
Estados Unidos de América Estados Unidos 44 44
Reino Unido Reino Unido 9 53
Israel 4 57
Canadá 2 59
Noruega Noruega 2 61
Francia 2 63
Países Baixos Países Baixos 1 64
Checoslovaquia Checoslovaquia 1 65
Dinamarca Dinamarca 1 66
Grecia Grecia 1 67
Venezuela 1 68
China 1 69
Letonia Letonia 1 70
Suíza Suíza 1 71
India India 1 72
Italia Italia 1 73

Laureados

[editar | editar a fonte]
Ano Imaxe Nome País Citación
1966 1 Alan Perlis Estados Unidos de América Estados Unidos Programación avanzada e construción de compiladores.
1967 2 Maurice Vincent Wilkes Reino Unido Reino Unido Coñecido polo proxecto do EDSAC, o primeiro computador cun programa embutido. Construído en 1949, o EDSAC usaba unha mercury delay line memory. É tamén autor, canda Wheeler e Gill, de "Preparation of Programs for Electronic Digital Computers" en 1951, no que bibliotecas de programas foron introducidas de forma eficiente.
1968 3 Richard Hamming Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu traballo en métodos numéricos, sistemas de códigos automáticos, e detectores e correctores de erros de código.
1969 4 Marvin Minsky Intelixencia artificial.
1970 5 James H. Wilkinson Reino Unido Reino Unido Pola súa investigación na análise numérica que facilitou o uso de computadores dixitais rápidos, álxebra linear e análise de erros de "backward".
1971 6 John McCarthy Estados Unidos de América Estados Unidos A súa palestra "The Present State of Research on Artificial Intelligence".
1972 7 Edsger Dijkstra Países Baixos Países Baixos Edsger Dijkstra foi o principal contribudor no final dos anos 1950 para o desenvolvemento do ALGOL, unha linguaxe de programación de alto nivel, modelo de claridade e rigor matemático. É un dos maiores expoñentes na arte e ciencia das linguaxes de programación, e contribuíu enormemente á comprensión da súa estrutura, representación e posta en funcionamento. Os seus quince anos de publicacións van dende artigos teóricos na teoría dos grafos até manuais, textos expositores, e filosofía contemplativa no campo das linguaxes de programación.
1973 8 Charles Bachman Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa contribución na tecnoloxía de banco de datos.
1974 9 Donald Knuth Polas súas contribucións na análise de algoritmos e proxecto de linguaxes de programación, en particular polas súas contribucións na "Arte da Programación de Computadores" (cunha serie de libros con este título).
1975 10 Allen Newell Por xuntar esforzos científicos durante máis de vinte anos, inicialmente en colaboración con J. C. Shaw na RAND Corporation, e subsecuentemente con numerosos colegas na Carnegie Mellon University, fixeron contribucións básicas na intelixencia artificial, psicoloxía da cognitividade humana, e proceso de listas.
11 Herbert Simon
1976 12 Michael Rabin Israel Polo artigo "Finite Automata and Their Decision Problem", escrito por ambos, que introduciu a idea de máquina non determinista, co que se probou un concepto de enorme valor. O seu (Scott & Rabin) artigo foi fonte de inspiración para varios traballos neste campo.
13 Dana Scott Estados Unidos de América Estados Unidos
1977 14 John Backus Polas profundas e influentes contribucións no proxecto de sistemas prácticos de programación de alto nivel, principalmente a través do seu traballo no Fortran, e por publicacións importantes na especificación formal de procedementos de linguaxes de programación.
1978 15 Robert Floyd Por deixar unha clara influencia nas metodoloxías para a creación de software eficiente e fiable, e axudar a fundar os seguintes campos importantes da ciencia da computación: teoría do parsing, a semántica das linguaxes de programación, verificación automática de programas, programación automática, e análise de algoritmos.
1979 16 Kenneth Iverson Canadá Polo seu esforzo pioneiro nas linguaxes de programación e na notación matemática nun campo coñecido hoxe como APL, polas súas contribucións para a introdución de sistemas interactivos, uso educativo das APL, e teoría e práctica das linguaxes de programación.
1980 17 C.A.R. Hoare Reino Unido Reino Unido Pola súa contribución fundamental para a definición e proxecto de linguaxes de programación.
1981 18 Edgar Frank Codd Pola súa continua e fundamental contribución na teoría práctica dos sistemas xeradores de banco de datos.
1982 19 Stephen Cook Estados Unidos de América Estados Unidos Polo avance no entendemento da complexidade da computación de forma significante e profunda.
1983 20 Ken Thompson Polo desenvolvemento da teoría xeral de sistemas operacionais e especialmente pola introdución do sistema operacional UNIX.
21 Dennis Ritchie
1984 22 Niklaus Wirth Checoslovaquia Checoslovaquia Por desenvolver unha serie de linguaxes de computador innovadoras, EULER, ALGOL-W, MODULA e PASCAL.
1985 23 Richard Karp Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa continua contribución na teoría dos algoritmos, incluíndo o desenvolvemento de algoritmos eficientes para fluxo de rede e outros problemas de combinación, a identificación de tempo-plinominal coa noción intuitiva de eficiencia do algoritmo e, máis notadamente, contribucións na teoría de NP-Completude.
1986 24 John Hopcroft Polas investigacións fundamentais no proxecto e análise de algoritmos e estruturas de datos.
25 Robert Tarjan
1987 26 John Cocke Polas contribucións significativas no proxecto e teoría dos compiladores, a arquitectura de varios sistemas e o desenvolvemento da arquitectura RISC.
1988 27 Ivan Sutherland Pola súa contribución visionaria e pioneira na computación gráfica, comezando co Sketchpad.
1989 28 William Kahan Canadá Pola súa contribución fundamental na análise numérica.
1990 29 Fernando Corbató Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu traballo pioneiro organizando os conceptos e liderando o desenvolvemento de sistema de computación de general-purpose (propósito-xeral), large-scale (larga-escala), time-sharing(compartillamento de tempo) e resource-sharing (compartillamento de recursos) , CTSS e Multics.
1991 30 Robin Milner Reino Unido Reino Unido Por tres diferentes contribucións: 1) LCF, a mecanización das funcións lóxicas de computación de Scott, probabelmente a primeira ferramenta práctica para unha máquina de demonstración de teoremas (machine assisted proof construction); 2) ML, a primeira linguaxe en incluír un tipo inferente polimórfico xunto a un tipo de mecanismo de tratamento seguro de excecións; 3) CCS, unha teoría xeral de computador concorrente. Alén disto, el formulou e avanzou fortemente na abstracción, o estudo do relacionamento entre a semántica operacional e de denotación (operational semantics/denotational semantics).
1992 31 Butler Lampson Estados Unidos de América Estados Unidos Polas contribucións no desenvolvemento de ambientes de computación persoal distribuídos e a tecnoloxía para a súa aplicación: workstations, rede de computadores, Sistemas operacionais, sistemas de programación, displays, seguranza e publicación de documentos.
1993 32 Juris Hartmanis En recoñecemento ao seu artigo no que estabeleceu as fundacións para o campo da teoría da complexidade computacional.
33 Richard Stearns
1994 34 Edward Feigenbaum Polo pioneirismo no proxecto de construción a gran escala de sistemas de intelixencia artificial, demostrando a importancia práctica e potencial comercial desta tecnoloxía.
35 Raj Reddy
1995 36 Manuel Blum Venezuela En recoñecemento á súa contribución nos fundamentos da teoría da complexidade computacional e a súa aplicación na criptografía e validación de programas.
1996 37 Amir Pnueli Israel Polo traballo introdutorio lóxica temporal na ciencia da computación e por importantes contribucións na verificación formal de programas e sistemas.
1997 38 Douglas Engelbart Estados Unidos de América Estados Unidos Por unha visión inspirada do futuro da computación interactiva e a invención de tecnoloxías chaves que axudaron a realizar esta visión.
1998 39 James Gray Por contribucións na investigación de banco de datos, proceso de transaccións e lideranza técnica na aplicación de sistemas.
1999 40 Fred Brooks Por contribucións marcantes na arquitectura de computadores, sistemas operacionais, e enxeñaría de software.
2000 41 Andrew Chi-Chih Yao China En recoñecemento pola súa contribución fundamental na teoría da computación, incluíndo a teoría (complexity-based) da xeración de números pseudoaleatorios, criptografía, e complexidade da comunicación.
2001 42 Ole-Johan Dahl Noruega Noruega Por ideas fundamentais no surximento da programación orientada ao obxecto, por medio do proxecto das linguaxes de programación Simula I e Simula 67.
43 Kristen Nygaard
2002 44 Ronald Rivest Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa enxeñosa contribución en facer uso práctico da criptografía de chave pública.
45 Adi Shamir Israel
46 Leonard Adleman Estados Unidos de América Estados Unidos
2003 47 Alan Kay Polo pionerismo en moitas das ideas da raíz das actuais linguaxes de programación orientadas a obxecto, liderando o grupo que desenvolveu o Smalltalk, e por contribucións fundamentais para a computación persoal.
2004 48 Vint Cerf Polo traballo pioneiro en internetworking, incluíndo o proxecto e posta en marcha do TCP/IP , protocolo de comunicación base de Internet, e por inspirar lideranza no traballo de rede.
49 Robert Kahn
2005 50 Peter Naur Dinamarca Dinamarca Pola contribución fundamental no proxecto das linguaxes de programación e definición do Algol 60, e proxecto de compilador, a na arte e práctica da programación de computadores.
2006 51 Frances E. Allen Estados Unidos de América Estados Unidos Pola contribución que aumentou o desempeño dos programas de computador resolvendo problemas, e acelerando o uso de computación de alto desempeño.
2007 52 Edmund Clarke Polo desenvolvemento do Model Checking (Verificación de modelos) nunha efectiva verificación tecnolóxica, largamente utilizada nas industrias de hardware e software.
53 Ernest Allen Emerson
54 Joseph Sifakis Grecia Grecia
2008 55 Barbara Liskov Estados Unidos de América Estados Unidos Polas contribucións prácticas e teóricas nos fundamentos da linguaxe de programación e proxecto de sistemas, especialmente relacionadas coa abstracción de datos, tolerancia a faltas, e computación distribuída.
2009 56 Charles P. Thacker Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa contribución ó desenvolvemento de Alto, o primeiro ordenador persoal, así como de Ethernet e o Tablet PC.
2010 57 Leslie Valiant Reino Unido Reino Unido Polas súas transformadoras contribucións á teoría da computación, incluíndo a teoría da aprendizaxe probable, aproximadamente correcto, a complexidade da enumeración e da computación alxébrica, e teorías da computación paralela e distribuída.
2011 58 Judea Pearl Estados Unidos de América Estados Unidos
Israel
Polas súas contribucións fundamentais á intelixencia artificial a través do desenvolvemento dun cálculo de probabilidades e de razoamento causal.
2012 60 Silvio Micali Italia Italia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polo seu traballo que sentou as bases teóricas da ciencia da criptografía e novos métodos para o control eficaz das probas matemáticas na teoría da complexidade computacional.
61 Shafi Goldwasser Estados Unidos de América Estados Unidos
Israel
2013 62 Leslie Lamport Estados Unidos de América Estados Unidos
2014 63 Michael Stonebraker Estados Unidos de América Estados Unidos
2015 64 Martin E. Hellman Estados Unidos de América Estados Unidos
65 Whitfield Diffie Estados Unidos de América Estados Unidos
2016 66 Tim Berners-Lee Estados Unidos de América Estados Unidos
2017 67 John L. Hennessy Estados Unidos de América Estados Unidos
68 David Patterson Estados Unidos de América Estados Unidos
2018 69 Yoshua Bengio Francia
70 Geoffrey Hinton Reino Unido Reino Unido
Canadá
71 Yann LeCun Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
2019 72 Ed Catmull Estados Unidos de América Estados Unidos
73 Pat Hanrahan Estados Unidos de América Estados Unidos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]