Raza branca
O termo raza branca (tamén persoa branca ou etnia europea) xeralmente utilizouse para designar a persoas cuxa tonalidade de pel clara adoita asociarse a poboacións de orixe europea. Aínda que literalmente implica cuestións externas como a pel clara, a forma e cor do cabelo e os ollos, entre outras, usouse de distintas maneiras en diferentes períodos históricos e lugares. Como ocorre con outros termos complexos, a súa definición precisa pode ser confusa.[1]
A antropoloxía clásica definía a unha poboación como caucásica se presentaba certas características como variacións na forma, o tamaño e a cor dos ollos que poden ser escuros ou claros (azuis, verdes, mel) e na coloración de pelo (castaño, louro —agás, en certo grao, dos australoides—, rubio), etcétera. Tamén os brancos compartirían outras características como máis velo facial e corporal en relación con outras etnias. Por esta característica, creuse durante moito tempo que o grupo dos ainu terían ascendencia caucasoide.[2]
Hoxe en día, tamén se teñen en conta criterios xenéticos, malia que a definición é complexa, entre outras cousas pola cantidade de poboacións que presentan mesturas das clasicamente consideradas como grupos étnicos. En xenética humana, os haplogrupos R e IJ son os haplogrupos do cromosoma E humano predominantes e moi difundidos en toda Eurasia Occidental, dende Europa até a India. Doutra banda, a xenética mitocondrial revela que as liñaxes maternas predominantes en Eurasia occidental denomínanse HV, JT e Uk. Porén, é a partir da propia xenética dende onde se sinala que bioxeneticamente non existe un único marcador que defina a racialidade.
Na antropoloxía moderna, hai un amplo consenso científico de que non hai razas humanas no sentido biolóxico.[3][4]
A raza non existe, nin biolóxica nin cientificamente. Os homes pola súa orixe común, pertencen ao mesmo repertorio xenético. As variacións que podemos ver non son o resultado de diferentes xenes. Se de "razas" se tratase, só hai unha "raza": a humana.José Marín Gonzáles[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nirenberg, David (2009). "Was there race before modernity? The example of 'Jewish' blood in late medieval Spain" (PDF). En Eliav-Feldon, Miriam; Isaac, Benjamin H.; Ziegler, Joseph. The Origins of Racism in the West. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 232–264. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2014.
On both sides of the chronological divide between the modern and the pre-modern (wherever it may lie), there is today a remarkable consensus that the earlier vocabularies of difference are innocent of race.
- ↑ Levin, Mark (2008). "The Wajin’s Whiteness: Law and Race Privilege in Japan (批判的人種理論と日本法―和人の人種的特権について)". Consultado o 6 de decembro de 2024.
- ↑ American Association of Physical Anthropologists (27 de marzo de 2019); Declaración da AAPA sobre a raza e o racismo. Consultado o 19 de xuño de 2020
- ↑ "A resposta á pregunta de se existen razas nos humanos é clara e inequívoca: non". Templeton, A. (2016). EVOLUCIÓN E NOCIÓNS DE RAZA HUMANA. En Losos J. & Lenski R. (Eds.), How Evolution Shapes Our Lives: Essays on Biology and Society (pp. 346-361). Princeton; Oxford: Princeton University Press. doi 10.2307/j.ctv7h0s6j.26.
- ↑ Marín Gonzáles, José. Bioxeneticamente as “razas” non existen, pero si o racismo, como ideoloxía. Educational Dialogue Magazine, Curitiba, v. 4, n.9, p.107-113, maio/ago. 2003
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raza branca |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas A. Guglielmo, White on Arrival: Italians, Race, Color, and Power in Chicago, 1890-1945, 2003, ISBN 0-19-515543-2.
- Matthew Frye Jacobson, Whiteness of a Different Color: European Immigrants and the Alchemy of Race, Harvard, 1999, ISBN 0-674-95191-3.
- Frank W. Sweet, Legal History of the Color Line: The Rise and Triumph of the One-Drop Rule, Backintyme, 2005, ISBN 0-939479-23-0.
- Noel Ignatiev, How the Irish Became White, Routledge, 1996, ISBN 0-415-91825-1.
- Karen Brodkin, How Jews Became White Folks and What That Says About Race in America, Rutgers, 1999, ISBN 0-8135-2590-X.
- Neil Foley, The White Scourge: Mexicans, Blacks, and Poor Whites in Texas Cotton Culture (Berkeley: University of California Press, 1997).
- Theodore Allen, The Invention of the White Race, 2 vols. (Londres: Verso, 1994).
- Thomas F. Gossett, Race: The History of an Idea in America, New ed. (Nova York: Oxford University, 1997).
- Ivan Hannaford, Race: The History of an Idea in the West (Baltimore: Johns Hopkins University, 1996).
- Audrey Smedley, Race in North America: Origin and Evolution of a Worldview, 2nd ed. (Boulder: Westview, 1999).
- The United Independent Compensatory Code/System/Concept A textbook/workbook for thought, speech and/or action for victims of racism (White supremacy) Neely Fuller Jr. 1984.