Rosa Parks
Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks e tamén como Rosa Lee Parks [1], nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor (National Association for the Advancement of Colored People), NAACP, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer o chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.
En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unha vaga de protestas contra a segregación.
Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nun símbolo do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit (Míchigan) a principios da década de 1960, onde conseguiu emprego do representante afroamericano John Conyers (demócrata por Míchigan) desde 1965 até 1988.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barnes, Catherine A. Journey from Jim Crow: The Desegregation of Southern Transit, Columbia University Press, 1983. (en inglés)
- Rosa Parks with James Haskins, Rosa Parks: My Story Nova York: Scholastic Inc., 1992. ISBN 0-590-46538-4 (en inglés)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rosa Parks:the woman who changed a nation Parks entrevistada por Kira Albin (en inglés)