Saltar ao contido

Samos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSamos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°43′51″N 7°19′36″O / 42.7307, -7.3266
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalSamos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.210 (2023) Editar o valor en Wikidata (8,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie136,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude700 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría Xesús López López Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Samos Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27000–27999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27055 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellosamos.es Editar o valor en Wikidata

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O xentilicio é samanense.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total (habitantes) 1.458 (2014)
Menores de 15 anos 66 (4.53 %)
Entre 15 e 64 anos 803 (55.07 %)
Maiores de 65 anos 589 (40.4 %)

Localización

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.

Samos atópase nos contrafortes das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara ao Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.

A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.

O concello esténdese sobre 136,77 km²[2] e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

En época sueva Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.

Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.

Economía

[editar | editar a fonte]

Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]

Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.

Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Samos.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

Lugares de Samos

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2021. Consultado o 26-04-2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]