Saltar ao contido

Sibila de Armenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSibila de Armenia
Biografía
Nacemento1240 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1290 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial de justiça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincess of Antioch (en) Traducir (1254–1268)
Conde de Trípoli (1254–1275)
Princesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hethumida Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBohemundo VI el Hermoso Editar o valor en Wikidata
FillosMary of Antioch, Bohemond VII, Count of Tripoli, Lucía de Trípoli Editar o valor en Wikidata
PaisHethum I Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Armenia Editar o valor en Wikidata
IrmánsFimi of Armenia, Lady of Sidon
Marie of Armenia
Rita of Armenia, Lady of Saravantikar
Thoros of Armenia
Leão III da Armênia
Princess Isabella of Armenia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Barbaron-2

Sibila de Armenia (morta en 1290) foi princesa de Antioquía e condesa de Trípoli de 1254 a 1275, por matrimonio con Bohemundo VI. Despois foi rexente do condado de Trípoli ata que o seu fillo, Bohemundo VII, chegou a maioría de idade en 1277. Estaba estreitamente aliada co bispo de Tortosa, Bartolomé Mansel, o que frustrou o plan de instalala como gobernante de Trípoli en lugar da súa filla Lucía despois da morte de Bohemundo VII en 1287. Durante a súa vida, tanto o principado como o condado foron perdidos polos mamelucos exipcios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida temperá

[editar | editar a fonte]

Sibila era filla da raíña Isabel e do rei Hetum I de Armenia.[1] En 1254, por proposta do rei cruzado Lois IX de Francia, Sibila casou con Bohemundo VI, príncipe de Antioquía e conde de Trípoli.[2] Os seus fillos foron Bohemundo VII, Lucía e María.[1] Durante a súa vida, tanto o principado, no 1268,[3] como o condado perdéronse fronte os mamelucos exipcios.

Rexente de Trípoli

[editar | editar a fonte]

O marido de Sibila, Bohemundo VI, morreu en 1275, e o seu fillo, Bohemundo VII, herdou o condado de Trípoli. Dado que Bohemundo VII era entón menor de idade,[4] Sibila asumiu o goberno no seu nome como rexente. Foi desafiada polo rei Hugo III de Chipre, quen reclamou a rexencia como o adulto máis próximo na liña de sucesión.[4] Pero o costume familiar e a opinión popular estaban do lado da princesa. Enviou ao seu fillo á corte do seu irmán, o rei León III de Armenia, e nomeou como o seu conselleiro ao bispo de Tortosa, Bartolomeu Mansel e, Hugo, quedou sen apoios.[4]

O marido de Sibila, Bohemundo VI, e a sogra romana, Lucía de Segni, instalaran romanos en importantes postos de goberno, provocando o descontento da nobreza local.[5] A nobreza apoiaba así a Sibila e Bartolomeu cando trataron cos romanos mediante execucións e desterros. Non conseguiron quitar a Paulo de Segni, que era tío de Bohemundo VI e bispo de Trípoli, debido á súa amizade cos cabaleiros templarios. Os templarios foron así hostís a Bohemundo VII cando regresou de Armenia para asumir o goberno en 1277.[4]

Demandante de Trípoli

[editar | editar a fonte]

Bohemundo VII morreu sen fillos o 19 de outubro de 1287.[6] Seguía na liña de sucesión a súa irmá, a filla de Sibila, Lucía, que vivía en Apulia co seu marido, Narjot de Toucy, antigo almirante de Carlos I de Anjou.[7] Os anxevinos entrometéranse nos asuntos dos estados cruzados, tentando facerse co reino de Xerusalén de Hugo III de Chipre e, pouco tempo antes, foran expulsados ​​polo fillo de Hugo III, Henrique II.[8] Nin a nobreza nin os cidadáns de Trípoli apoiaron a Lucía, quen apenas era coñecida por eles e que se percibía asociada aos anxevinos e, no seu lugar, ofreceron o condado a Sibila. Cando esta, escribiu ao bispo de Trípoli para pedirlle que fose o seu conselleiro, a carta foi interceptada e a nobreza comunicoulle a Sibila que non sería aceptada. Dado que ámbalas dúas partes se negaban a ceder, a nobreza e mailos comerciantes proclamaron entón unha comuna para gobernar Trípoli en lugar dos condes.

Daquela, Sibila retirouse á corte do seu irmán en Armenia mentres súa filla chegaba en 1288 e negociou a aceptación dos seus dereitos condais, mais os mamelucos conquistaron Trípoli ao ano seguinte.[9] Sibila morreu en Armenia en 1290.[10]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dédéyan, Gérard; Rizk, Karam (2010). Le Comté de Tripoli: Etat Multiculturel Et Multiconfessionnel (1102-1289) (en francés). París: Geuthner. ISBN 270533839X. 
  • Runciman, Steven (1989). A History of the Crusades, Volume III: The Kingdom of Acre and the Later Crusades (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6.