Saltar ao contido

Sussex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O histórico condado de Sussex.

Sussex é un dos condados históricos de Inglaterra,[1] que corresponde aproximadamente á área do antigo reino anglosaxón do mesmo nome. A capital histórica do condado é a vila de Lewes.

A historia do reino de Sussex está moi pouco documentada, pero sábese que mantivo certa independencia entre os séculos V e IX.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva do inglés antigo Sūþsēaxe (saxóns do sur) que significa saxóns do sur. Foi un dos 7 reinos que formaron a Heptarquía, nome que recibe o conxunto de reinos que estaba formado polos invasores anglosaxóns e xutes que invadiron a illa tras a saída do Imperio Romano no século V.

Situación

[editar | editar a fonte]

Limita ao nordeste co condado de Kent, ao norte co condado de Surrey, ao oeste co condado de Hampshire e ao sur coa Canle da Mancha. Actualmente, a efectos administrativos, divídese nas rexións de West Sussex e East Sussex e tamén a cidade de Brighton e Hove, elevada a ese status só no ano 2000 (até entón, a única cidade de Sussex fora Chichester).

Principais vilas e cidades

[editar | editar a fonte]
  • Arundel (West Sussex)
  • Batle (East Sussex)
  • Bognor Regis (West Sussex)
  • Bexhill-on-Sea (East Sussex)
  • Brighton e Hove (sede da Universidade de Brighton e da Universidade de Sussex ) (East Sussex)
  • Burgess Hill (West Sussex)
  • Chichester (sede da Universidade de Chichester ) (West Sussex)
  • Crawley (West Sussex)
  • Crowborough (East Sussex)
  • Eastbourne (East Sussex)
  • East Grinstead (West Sussex)
  • Hailsham (East Sussex)
  • Hastings (East Sussex)
  • Haywards Heath (West Sussex)
  • Heathfield (East Sussex)
  • Horsham (West Sussex)
  • Hove (East Sussex)
  • Lancing (West Sussex)
  • Lewes (East Sussex)
  • Littlehampton (West Sussex)
  • Midhurst (West Sussex)
  • Petworth (West Sussex)
  • Rye (East Sussex)
  • Selsey (West Sussex)
  • Uckfield (East Sussex)
  • Worthing (West Sussex)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.