Teodomiro (visigodo)
Nome orixinal | (ar) تدمير (mul) Tudmīr |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII |
Morte | 743 (Gregoriano) |
Actividade | |
Período de tempo | Hispania visigoda |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Outro | |
Título | Conde palatino |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Teodomiro (en árabe تدمير Tūdmir) duque (dux) visigodo do século VIII gobernador de provincia visigoda de Aurariola, no sueste da Península ibérica, nos arredores da actual Rexión de Murcia. Posteriormente coa dominación islámica, e mercé a un famoso e documentado Tratado asinado con Abd al-Aziz ibn Musa en abril de 713, gobernou a título de rei un territorio cristián visigodo autónomo dentro de Al-Ándalus, denominado kora de Tudmir, territorio que abarca aproximadamente na actualidade a Provincia de Alacant e a Rexión de Murcia, composto polas chamadas sete cidades que se citan no tratado, con capital en Orihuela.
O pacto asinado por Teodomiro parece que deixou de ter vigor coa instalación no territorio dunha parte do yund ou tropas sirias chegadas a Al-Ándalus uns anos antes desde Ifriquiya (provincia do norte de África). En calquera caso, cando Abderramán I creou a nova división administrativa, parece que o pacto non estaba en vigor.
Palacio
[editar | editar a fonte]En Riba-roja de Túria, preto de Valencia, tivo un complexo palaciano que foi escavado durante varias campañas. O xacemento, denominado Pla de Nadal, foi descuberto en 1971 e entre 1981 e 1989 foi escavado pola arqueóloga Empar Juan. En 2019, rematouse a investigación das case catro mil pezas atopadas nel.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Olaya, Vicente G. (29-12-2019). "El último rey godo no fue don Rodrigo". elpais.com (en castelán). Consultado o 2-1-2020.