Teresa Wilms Montt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Teresa de las Mercedes Wilms Montt 8 de setembro de 1893 Viña del Mar, Chile |
Morte | 24 de decembro de 1921 (28 anos) París, Francia |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa |
Período de actividade | 1917 - 1921 |
Pseudónimo literario | Tebal Teresa de la Cruz |
Familia | |
Familia | Montt family (en) |
María Teresa de las Mercedes Wilms Montt, nada en Viña del Mar o 8 de setembro de 1893 e finada en París o 24 de decembro de 1921, foi unha escritora, poeta e anarcofeminista chilena, tamén coñecida como Thèrése Wilms Montt, Tebal e Teresa de la Cruz. Foi descrita como "encarnación da aberrancia sexual e da profecía social".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Foi a segunda das seis fillas (Luz Teresa Rosa, María Inés, Carolina Isabel, Carmen, Victoria Margarita e Ana Esperanza) do matrimonio de Federico Guillermo Wilms y Brieba (1867-1943), suposto descendente da realeza prusiana, e Luz Victoria Montt y Montt (1870-1917), bisneta do presidente da república Manuel Montt. Tiña ascendencia alemá por parte de pai e catalá de Xirona por parte de nai.[2] Tivo unha esmerada educación por parte de institutrices e titores privados,[3] segundo as regras da época destinada a manter un matrimonio e o protocolo da alta sociedade, sen contar co seu carácter rebelde que axiña manifestou. Con facilidade para as linguas, aprendeu francés (idioma en que escribiu os seus diarios), inglés, italiano, portugués e un pouco de alemán.
En 1910, con dezasete anos, casou con Gustavo Balmaceda Valdés, sobriño do presidente José Manuel Balmaceda, en contra da vontade da súa familia e da do seu escollido. En Santiago integrouse na activa vida cultural da cidade. Os celos e o alcoholismo do seu marido provocáronlle graves conflitos familiares. O matrimonio tivo dúas fillas, Elisa, chamada "Chita" (1911), e Sylvia Luz (1913).
Entre 1912 e 1915 residiu en Iquique en pleno auxe salitreiro por razóns de traballo do seu marido.[4] Alí comezou a súa relación con feministas e sindicalistas e observou os novos movementos dos reformistas. Entrou na masonaría[5] e fixo as súas primeiras publicacións na prensa da cidade co pseudónimo de Tebal.[6]
Tralo seu regreso a Santiago, o seu esposo descubriu a relación que ela mantiña con Vicente Balmaceda Zañartu, primo de Gustavo, ao que nos seus diarios chamaba poeticamente "Vicho", "Mi amante ídolo" ou "Jean", e que pouco a pouco se converteu na inspiración dos seus primeiros escritos. Un tribunal familiar recluíuna o 18 de outubro de 1915 no convento do Precioso Sangue,[7][8] onde intentou suicidarse o 29 de marzo do ano seguinte.[9]
Viaxes
[editar | editar a fonte]En xuño de 1916, Vicente Huidobro axudouna a fuxir do convento e marcharon xuntos a Buenos Aires.[10] Grazas á súa permanencia nesta gran cidade que comenzaba a destacar pola súa intelectualidade cosmopolita, desenvolveu novas amizades cos escritores Victoria Ocampo, Jorge Luis Borges e Pelegrina Pastorino (Péle) e viviu a revolución da moda feminista, que lle presentou a posibilidade de levar pantalóns. Esta corrente tivo un enorme impacto nela.
Na capital arxentina inaugurou a súa carreira literaia, publicando en 1917 os seus libros Inquietudes sentimentales e Los tres cantos. En agosto dese ano, Horacio Ramos Mejía, mozo de 20 anos e un dos seus namorados, suicidouse fronte a ela (en 1919 publicou Anuarí, poemario dedicado a el). Tras esta traxedia, partiu no barco Vestris a Nova York para colaborar coa Cruz Vermella durante a Primeira guerra mundial, mais:
Non me deixaron desembarcar e encerráronme con chave no camarote... por graves sospeitas de espionaxe ao serivzo alemán. [...] O día 4 [de xaneiro de 1918], a causa da primeira letra do meu apelido, fun a última en desfilar ante a presenza dun empregado que acompañado de detectives e oficiais revisaba os pasaportes [en illa Ellis]. Ao ler o meu nome o representante da autoridade yankee miroume da cabeza aos pés, e sen facerme pregunta ningunha, ordenou en voz alta a un subalterno que me acompañará en calidade de detida.
En Europa
[editar | editar a fonte]Tras ser acusada de espía foi deportada a España,[9][11] onde se integrou na bohemia madrileña e frecuentou o café Pombo. Presentada por Joaquín Edwards Bello, coñeceu os escritores Ramón Gómez de la Serna, Enrique Gómez Carrillo e, principalmente, Ramón María del Valle-Inclán, que prologou os libros que publicou no país. Alí saíron á luz En la quietud del mármol e Mi destino es errar, como Teresa de la Cruz.[12][13] Na capital española retratárona os pintores Julio Romero de Torres e Anselmo Miguel Nieto.
Tras errar por Buenos Aires, Sevilla, Córdoba e Granada, estableceuse en París en 1920. Alí volveu encontrarse coas súas fillas despois de cinco anos de non velas.[9] Cando as nenas regresaron a Chile, a dor da nova separación provocoulle unha terrible depresión[9] que a levou ao suicidio.[14] Faleceu o 24 de decembro de 1921 por unha sobredose de veronal aos 28 anos de idade. Está enterrada na división 82 do cemiterio do Père-Lachaise.[15]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A cineasta chilena Tatiana Gaviola rodou un filme baseado na vida da escritora, Teresa, estreado o 11 de xuño de 2009.[16][17]
Obras
[editar | editar a fonte]- Inquietudes sentimentales, Buenos Aires, 1917.
- Los tres cantos, Buenos Aires, 1917.
- En la quietud del mármol, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1918.
- Anuarí, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1919.
- Cuentos para hombres que son todavía niños, Buenos Aires, Argentina, 1919.
- Lo que no se ha dicho, antoloxía, Editorial Nascimento, Santiago de Chile, 1922.
- Obras completas, compilada por Ruth González-Vergara, Editorial Grijalbo, Barcelona, 1994.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richards, Keith John (20 de xullo de 2011). Themes in Latin American Cinema: A Critical Survey. McFarland. p. 181. ISBN 978-0-7864-8918-3. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Ruth González-Vergara. Teresa Wilms Montt: Un canto de libertad, Penguin Random House Grupo Editorial Santiago de Chile, 2011 Google Books ten dispoñibles en liña fragmentos deste libro; consultado o 30 de setembro de 2017
- ↑ Marcas identitarias (en Spanish). Editorial Cuarto Propio. p. 97. ISBN 978-956-260-392-8. Arquivado dende o orixinal o 2020-01-26. Consultado o 2021-03-05.
- ↑ Subercaseaux, Bernardo (1 de xaneiro de 1997). Historia de las ideas y de la cultura en Chile (en Spanish). Editorial Universitaria. p. 109. ISBN 978-956-11-1707-5. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Gazmuri R., Cristián (11 de xaneiro de 2012). Histografía chilena (1842–1970) II. Penguin Random House Grupo Editorial Chile. pp. 267–. ISBN 978-956-347-127-4. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Steenhuis, Aafke (2007). La travesía del salitre chileno: de la pampa a la tierra holandesa (en castelán). LOM Ediciones. p. 46. ISBN 978-956-282-942-7. Arquivado dende o orixinal o 2020-06-21. Consultado o 2021-03-05.
- ↑ «Destino errante y trágico», Memoria Chilena, s/f; acceso 30.09.2017
- ↑ May, Catalina (21 de xuño de 2009). "La encantadora aristócrata que se pasó a su clase por la raja". The Clinic. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Narran la Historia de la Escritora Teresa Wilms Montt". Chile.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ González-Vergara, Ruth (1 de xaneiro de 1993). Teresa Wilms Montt: un canto de libertad : biografía (en castelán). Grijalbo. p. 122. ISBN 9789562580298. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Garlitz, Virginia Milner. "The Last Muse of the Marqués de Bradomín ?". elpasajero.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "También para ellos" (PDF). letrasdechile.cl (en Spanish). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ "Cuentos para los hombres que son todavía niños [microform] (1919)". Buenos Aires: Otero & Co. Consultado o 2 de outubro de 2014.
- ↑ Lamperein, Lina Vera; Vieira, Ana María; Molina, Paz (2008). Presencia femenina en la literatura nacional: una trayectoria apasionante, 1750-2005 (en castelán). Editorial Semejanza. p. 80. ISBN 978-956-7590-46-9. Arquivado dende o orixinal o 2017-04-17. Consultado o 2021-03-05.
- ↑ Biblioteca Nacional de Chile
- ↑ "Nueva película chilena narra la vida de la poetisa Teresa Wilms Montt". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2009.
- ↑ "La rebeldía y tragedia de Teresa Wilms Montt llegan al cine". La Tercera. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa Wilms Montt |