USA Today
USA Today | |
---|---|
Formato de páxina | Broadsheet |
Fundación | 15 de setembro de 1982 |
Propietario | Gannett Co., Inc. |
Fundador | Al Neuharth |
Editorial | Gannett Company |
Lingua | Inglés |
Localidade | McLean, Virxinia, Estados Unidos |
ISSN | 2165-1779 |
Na rede | |
http://eu.usatoday.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
USA Today (en galego: Estados Unidos Hoxe) é un xornal dos Estados Unidos de tirada nacional publicado por Gannet Corporation. É o diario de maior tirada nese país (con aproximadamente 2,25 millóns de copias calquera día entre semana) e o segundo con maior tirada no mundo anglófono (despois de The Times of India).
Historia
[editar | editar a fonte]USA Today foi fundado o 15 de setembro de 1982 por Allen Neuharth. Pretendía rachar cos xornais máis tradicionais (considerados ás veces demasiado grises, cheos de palabras e sen cor), cun estilo cheo de grandes diagramas e fotografías. É tamén coñecido polas súas enquisas sobre as opinións do público estadounidense.
Inicialmente o xornal tamén pretendía manterse á parte dos métodos tradicionais de distribución, e véndese por medio de máquinas expendedoras. USA Today tamén buscou acomodarse ós viaxeiros de negocios e distribuíase amplamente en aerolíñas, aeroportos e hoteis, como forma adicional a outros puntos de venda. Tamén foi un dos primeiros xornais en utilizar transmisións vía satélite para mandar a edición final a distintas localidades do país para a súa impresión e distribución en mercados rexionais. A innovación e o uso de centros rexionais de impresión permitiron atrasar a hora de peche das edicións e poder incorporar eventos máis recentes de novas e deportes en cada edición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do xornal Arquivado 09 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)