Vela (deporte)
A vela é un deporte no que compiten embarcacións propulsadas polo vento. As competicións reciben o nome de regatas, ao igual que as que realizan outros barcos, propulsados a remo ou motor.
O obxectivo da competición é o de chegar o primeiro realizando un percorrido que se define por uns puntos de paso. Estes puntos de paso poden ser naturais, como no caso da Regata Fasnet ou artificiais como as boias que forman o percorrido da regata Copa América e as regatas de vela olímpica. Normalmente as regatas compóñense de varias probas nas que se obteñen puntos en función da orde de chegada, a suma deses puntos dá a clasificación final.
Dada a gran cantidade de modelos de barcos que podemos encontrar, desenvolvéronse multitude de procedementos para que se poida competir con todos eles. A maneira máis natural de competir é con barcos iguais, como ocorre nas competicións olímpicas. O caso extremo é aquel no que non hai ningunha limitación aos barcos, o exemplo máis chamativo disto foi a competición que se realizou con motivo do cambio de século, tratouse dunha regata ao redor do mundo.
Clases existentes
[editar | editar a fonte]- 420 (vela)
- 470 (vela)
- 49er
- Cruceiros (vela)
- Dart catamarán
- Dingue
- Dragón (vela)
- Europe
- Funboard
- Hobie Cat
- Jeanneau One Design 35
- Laser (vela)
- L'equipe (vela)
- Mistral (vela)
- Modelos à Vela
- Optimist
- Sharpie 12 m²
- Snipe
- Star (vela)
- Tornado
- Vaurien
Competidores de vela famosos
[editar | editar a fonte]A vela é un deporte olímpico desde 1900.
As clases que participaron nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 foron as seguintes:
- Tornado (aberta)
- 49er (aberta)
- Yngling (dupla feminina)
- Star (dupla masculina)
- 470 masculina
- 470 feminina
- Finn (masculina)
- Laser (masculina)
- Laser Radial (feminina)
- Prancha á Vela masculina (Neil Pryde RS-X)
- Prancha á Vela feminina (Neil Pryde RS-X)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vela |