Zarzuela
A zarzuela[1] é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais (sós, dúos, coros...) e partes faladas.
Características
[editar | editar a fonte]O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, nome do pavillón de caza próximo a Madrid onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois. A zarzuela cultivouse con moitos acertos ao trasladarse a Cuba, onde destacaron os compositores Gonzalo Roig e Ernesto Lecuona, e Rodrigo Prats, Eliseo Grenet e a Venezuela, con José Ángel Montero e Pedro Elías Gutiérrez.
Zarzuela en Galiza
[editar | editar a fonte]Tamén en Galiza o xénero acadou certa relevancia con figuras como Gustavo Freire, compositor da zarzuela galega de posguerra Non chores, Sabeliña (1943)[2] ou con Ramón Armada Teixeiro e a súa composición da primeira zarzuela en galego (estreada o 10 de abril de 1886), titulada ¡Non máis emigración![3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "zarzuela". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2255.
- ↑ Edítase a zarzuela Non chores, Sabeliña Nova aparecida en Culturagalega.org o 16 de decembro de 2009
- ↑ Armada Teixeiro: un dos grandes representantes do xornalismo galego na Cuba do XIX, en Culturagalega.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zarzuela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "zarzuela". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.