Anxo Rei Ballesteros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1952 Ardesende, España |
Morte | 29 de outubro de 2008 (56 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Cónxuxe | María Jesús Armada |
Irmáns | Paulo Rei Ballesteros |
Premios | |
Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón)[1] o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[2] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
É irmán de Paulo Rei Ballesteros[3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comezou nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 aparecu unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[4] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debeu ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[5] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[6].
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Dezanove badaladas, (2018). Vigo: Galaxia.[7] 188 páxs. Escrita entre1969-70, cando o autor tiña 19 anos. ISBN 978-84-9151-201-1.
- Dos anxos e dos mortos (1977). Vigo: Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[8]
- Querido Brais. (1977). Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-84-606-1341-1.
- Loaira (1992). Galaxia. Loaira é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega".[9] Segundo Manuel Castelao Mexuto pode ser considerada a mellor novela galega do século XX.[10]
- Loaira (2023). Santiago: Laiovento. 490 páxs. ISBN 978-84-8487-629-8. Libro electrónico: ISBN 978-84-8487-630-4. Esta edición de Manuel Castelao Mexuto "corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida", en palabras da editora.[11]
- A sombra dos teus soños (1998). Vigo: Galaxia. ISBN 9788482882130. Segundo a editorial: "Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra".[12] Reeditada en 2011: 140 páxs.
- Non sei cando nos veremos (2005). Vigo: Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-8288-803-3.[13]. Para o xornal da USC: "a obra ... preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe".[14]
- A noite do moucho. (2009). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-240-6.[15]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Xogos de damas. (1988). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 91 páxs. ISBN 978-8475073156.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- "A outra memoria", en Grial (1989).[16]
- Tempo e vinganza (2003). Vigo: Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 308 páxs. ISBN 978-84-8288-603-9. Segundo a editora: "Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade."[17]
- Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) (2013). Axóuxere. 140 páxs. ISBN 978-8494137914. Para a editorial: "Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador".[18]
- A dificultade de falar. Artigos e ensaios (2021). Vigo: Galaxia. 394 páxs. ISBN 978-84-9151-585-2. Escritos entre 1979 e 2006
Traducións
[editar | editar a fonte]- A voz humana, 1991, (La Voix humaine) de Jean Cocteau.
- Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio Literario Ánxel Fole no 2007 con Carlos Fernández Fernández, por Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo.
- En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[19] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maria Jesús Armada (7 de decembro de 2018). "Placa colocada por iniciativa da Asociación Cultural "Pena do Corvo" na casa natal dos irmáns Anxo e Paulo Rei Ballesteros". Facebook.
- ↑ Suso de Toro (3 de novembro de 2008). "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego". El País (en castelán).
- ↑ "Anxo Rei Ballesteros reviviu pola palabra". La Voz de Galicia. 1 de decembro de 2012.
- ↑ "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
- ↑ "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018.
- ↑ "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018.
- ↑ Galaxia, Editorial (2018-10-18). "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-11.
- ↑ Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
- ↑ "Loaira". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153.
- ↑ "Edicións Laiovento - LOAIRA". laiovento.gal. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "A SOMBRA DOS TEUS SOÑOS de REI BALLESTEROS, ANXO: EDITORIAL GALAXIA, EDITORIAL GALAXIA, S.A. 9788482882130 Rústica (Tapa blanda) - CENTRAL LIBRERA REAL FERROL". www.iberlibro.com. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Non sei cando nos veremos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Non sei cando nos veremos - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "A noite do moucho". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-11.
- ↑ Grial n.º 104 pp. 494-505
- ↑ "Tempo e vinganza". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Presenza dunha ausencia". tenda.axouxerestream.com. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ 19,0 19,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 58. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 158.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1773. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 354. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 365. ISBN 84-7492-465-0.