Premio Modesto R. Figueiredo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Premio Modesto R. Figueiredo foi un certame de narración breve convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega. En 2021, ano da súa última convocatoria, tivo unha dotación de 1000 euros.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.
Premiou destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán, e deu a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Ano | Gañador/a | Accésits / 2º e 3º premio |
---|---|---|
1975 | Xoán Ignacio Taibo, A enquisa | Xosé Luís Méndez Ferrín: Sibila Xosé Manuel Martínez Oca: Un home no curral Carlos Durán: O internado |
1976 | Xavier Alcalá: A fundición | Xosé Manuel Martínez Oca: No fondo do espello Xavier Rodríguez Barrio: Cheraron as chuvias Xoán Ignacio Taibo: O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu) |
1977 | João Guisan Seixas: Número de patente | Anxo Rei Ballesteros: Querido Brais Xosé Manuel Martínez Oca: A figueira |
1978 | Xosé Manuel Martínez Oca: A negra (ex-aequo) Víctor Fernández Freixanes: A caza das cascudas (ex-aequo) |
Xaime Félix López Arias: As augas toldas Manuel Riveiro Loureiro: Terra sequeira |
1979 | Xoán Ignacio Taibo: Pacífico sul | Xoán Ignacio Taibo: Saga dos mil e un mortos Xosé Ramón Díaz Sánchez: A confesión de Ramón Fandiño (historias do Teixo, bandido galego) Román Raña: Botella náufraga |
1980 | Lourenzo Álvarez Ruíz: RATP | C. García Gonçalez-Duro: Perdidos nos confíns da noite Tucho Calvo: Parados |
1981 | Tucho Calvo: A gran novela (ex-aequo) Xosé Manuel Martínez Oca: Noite de luar (ex-aequo) |
Lourenzo Álvarez Ruíz: O home pequeno (accésit) Carlos G. Reigosa: O tesouro de Petro Xesto (accésit) Miguel Suárez Abel: O fillo de Serafín (accésit) Miguel Anxo Fernán-Vello: Antimemoria dun día (finalista) Bernardo Maiz: ¿Pra que dilatar a súa anguria? (finalista) Manuel Riveiro Loureiro: O pau (finalista) |
1982 | Miguel Suárez Abel: O quiquiriquí | Xelís de Toro: De 10 a 11 Darío Xohán Cabana: A invasión Margarita Ledo Andión: Rematado a man |
1983 | Antón Castro: Vida infame de Tristán Fortesende | Manuel Riveiro Loureiro: As trazas do demo Xoán Bernárdez Vilar: Homo sapiens |
1984 | Amancio Liñares Giraut: Nun cuarto para agardar (ex-aequo) Román Raña: O último hexagrama (ex-aequo) |
Carlos G. Reigosa: Cantar sen xesta de Lanzarote do lago Antón Castro: Destino de lumia Manuel Riveiro Loureiro: Grabación da volta a Galiza, dende o Pazo de Raxoi |
1985 | Miro Villar: Augas de silencio | Anxos Sumai: Relembranzas con Palmira e Banana Split Manuel Riveiro Loureiro: Meirama Xosé Manuel Fernández Castro: Segrel Charles, o asombrador |
1986 | Antón Rodríguez Castro: O xardín despois da chuvia | Miguel Suárez Abel: A alemana Manuel Iglesias Nimo: O enterro de Mambrú Ramiro Fonte: O retornado |
1987 | Miro Villar: Verbas cruzadas con Amaranta | Manuel Riveiro Loureiro: O troco Miguel Sande: Isadora en ti |
1988 | Bieito Iglesias: Luanda (ex-aequo) Xosé Miranda: Na terra sombría (ex-aequo) |
Isidro Novo: O areal dos ollomaos Víctor Campio Pereira: ¡Alucinado! |
1989 | Manuel Riveiro Loureiro: Vindo de volta (ex-aequo) Xan Frenla: Conto do diluvio (ex-aequo) |
Xosé Miranda: Lambirón Antón Cortizas: A velida Xosé Paulo Antelo Rodríguez: A longa ausencia da sirea |
1990 | Xoán Piñeiro Cochón: A liga dos Lambetas | Manuel Lourenzo González: O xardín onde repousa o vento Xosé Cermeño: Non te chamarei Ramón Ramón Nicolás: O caravel murcho Xoán Ignacio Taibo: Libélulo cabálulo do demo Luísa Villalta: A taberna do holandés |
1991 | Helena Villar Janeiro: O cadro | Antón Riveiro Coello: A musa itinerante Isidro Novo: Ó sur do arrabaldo Lino Braxe: Anatomías Manuel Iglesias Nimo: O mar despóis da neve |
1992 | Isidro Novo: A pin up de Beautiful Street | Isidro Novo: Primeira plana Francisco Antonio Vidal Blanco: A espiral da fortuna Camilo Pardo López: Rosas polas veas Manuel Iglesias Nimo: Clave de sombra |
1993 | Xosé Luís Santos Cabanas: Ahoulouuuu..! | Manuel Iglesias Nimo: Esquecer Bohemia Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Vida e historia de Celestino Rocamonde O bruxo de Lavañou |
1994 | Manuel Riveiro Loureiro: O coxo da Gamboa | Xoán Ignacio Taibo: Don Ninguén (2º premio) Xesús Manuel Marcos López: Aliados solitarios (3º premio) |
1995 | Antón Riveiro Coello: Bruca Manigua | Antón Riveiro Coello: A morte esquecida (2º premio) Inma López Silva: Fondo gris sobre galo negro (3º premio ex-aequo) Francisco Antonio Vidal Blanco: As voces da conciencia (3º premio ex-aequo) |
1996 | Xosé Antón Moreno: As xeiras de don Xoán | Xosé Antón Moreno: Como un deus bo (2º premio) Manuel Blanco Rivas: A lealdade do Capitán Milos (3º premio) Xosé Antón Moreno: Poñendo ladrillos (accésit) |
1997 | Antón Riveiro Coello: Sete traxes | Alfonso Álvarez Cáccamo: A meritoria cortesía de Edón de Cidalia (2º premio) Xosé Vázquez Pintor: A entrega (3º premio) |
1998 | Rosa Aneiros: A eidosa que izaron as bandeiras (ex-aequo) Luís González Tosar: Catro dedos por debaixo do embigo (ex-aequo) |
Inma López Silva: Cartas que viñan de alén mar (2º premio) Xaime López-Arias, O cuco rei (3º premio) |
1999 | Xosé Luís Álvarez Pérez: Marisol de outono | Antón Lopo, Delirio Manuel Pereira Valcárcel: Sobremesa |
2000 | Beatriz Dacosta: Na sombra da lúa | Andrés Pociña: Lembranzas dun tempo Emma Pedreira: A casa tomada |
2001 | Álvaro Lago: O crime de Pombal | Andrés Pociña: Medea en Camariñas Xosé Monteagudo: O engado do triángulo Xosé Díaz Díaz: O Galbao |
2002 | Emma Pedreira: Os doces devorados | Xosé Luís Vázquez Somoza: O río do esquecemento Xosé Díaz Díaz: Lupanar Xaime Domínguez Toxo: Están ardendo as serras orientais |
2003[2] | Xosé Luís Álvarez Pérez: De noite non reces aos ídolos | Xavier López Rodríguez: Fiordes Andrés Pociña: O colar indio |
2004 | Agustín Agra: Os límites do inimaxinable | Xosé Luís Vázquez Somoza: A Ponte Cabalar |
2005 | Francisco Castro: Ningún fascista morreu inxustamente | Agustín Agra: Na Caeira Francisco López-Barxas |
2006 | María Esther Fernández Carrodeguas: Subir o telón | Begoña Paz Rey: O monstro no labirinto César Carracedo Pose: A cota láctea |
2007[3] | Rubén Ceide Martínez: A caixa da costureira | Alberto G. Aneiros: Esperado regreso (2º premio) Manuel Quintáns López: Desartellados (2º premio) |
2008 | Iván García Campos: Unha casa chea de xanelas | Alberto G. Aneiros: Un pintor malogrado (2º premio) Chelo Suárez Muíños: Colleita de sombras (2º premio) |
2009 | Xoán Tallón: Era el | Manuel Quintáns López: A movida (2º premio) Fernando Lavandeira: Gaspar Gaspar (2º premio) |
2010 | Xosé Alfredo Naz Fernández: O Mal | Xosé Alfredo Naz Fernández: A sombra da curuxa (1º accésit) Clara Isabel Rodríguez: Retallos da memoria perdida (2º accésit) |
2011 | Amancio Liñares Giraut: Coreografía Obama | Ledicia Costas: Frío azul (2º premio) Xaime Toxo: Eco da afasia (2º premio) |
2012 | Miguel Anxo Martínez Oubiña: As casas baratas | María Alonso Alonso: María a Lobiqueira Alberto G. Aneiros: Contos dun representante artístico |
2013 | Cris Pavón: Cara a Tiananmen Square | Clara do Roxo: Art Decó Rubén Anido Regueiro: O cabaleiro, a dama e o dragón |
2014 | Eli Ríos: Remexido de patacas | Antonio Piñeiro: Boxcar blues César Carracedo: Gran Sol |
2015 | Adolfo Caamaño: Pinball do Pombal | Diego Giráldez: Sagradas Escrituras Lionel Rexes: Monsieur Bocskai |
2016 | Miguel Anxo Martínez Oubiña: A vinganza de Valdedeus | Iris María Gey López: Cranios privilexiados Emma Pedreira: Poder de alumear |
2017 | Ariadna Fernández González: Secuestro | Lionel Rexes Martínez: O tempo dos pexegos Xerardo Vidal: Vilaquinte |
2018 | José Carou: Afán e infortunio dos días estragados | Miguel Anxo Martínez Oubiña: Serpes Bibiana García Soto: A liberación tras a escuridade |
2019 | Estíbaliz Espinosa: 23 xeitos de inventar unha constelación | Yolanda Ceide Calviño: Trinta minutos antes Virxilio Rodríguez Vázquez: A primeira vista |
2020 | Adolfo Caamaño: Derradeiras paisaxes do Conde | Esteban Brea Castro: Progresión en escala menor Antonio Piñeiro: Áncora |
2021 | Nones Araújo: Paseniño... a desmemoria | Mariña Pérez Rei: A pérfida gringa Xosé Lois Rúa Núñez: O fado das marafonas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bases do XLVII Certame Galego de Narracións Breves Premio Modesto R. Figueiredo 2021". AELG. 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Xosé Luís Álvarez Pérez recibe o premio Modesto Figueiredo de narracións breves". La Voz de Galicia. 27 de decembro de 2003.
- ↑ "Rubén Ceide Martínez recibirá el Premio Modesto R. Figueirido". El Correo Gallego. 16 de decembro de 2007.