Ayora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Vall de Cofrents | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ayora (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.223 (2023) (11,7 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 446,6 km² | ||||
Altitude | 596 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Vicente Anaya Roig (en) (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46620 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46044 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46044 | ||||
Sitio web | ayora.es |
Ayora é un concello da provincia de Valencia, pertencente á comarca de Val de Cofrents. En 2016 tiña 5320 habitantes (2675 homes e 2645 mulleres)[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]Hai varias opinións acerca da orixe do topónimo. Segundo Joan Coromines deriva do árabe uyura, cun significado de "onagro", "asno salvaxe". Porén, segundo Álvaro Galmés de Fuentes procede da raíz prerromana abia, "río", máis o sufixo diminutivo latino ola. Isto daría como resultado Abiola; a sílaba /-bi-/ palatalizaría en /i/ e a sílaba /o/ non ditongaría por influencia mozárabe[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal, de 16,21 km², está situado ao suroeste da provincia de Valencia, nos límites coa provincia de Albacete. Ocupa a metade sur do val do río Xúcar. Está atravesado por un afluente do mesmo, o río Reconque-Cautaban. Está asentado no bordo dunha chaira, e protexida pola serra de Enguera ao leste e as de Palomeras-La Hunde e Montemayor ao oeste, con cumios como o Puntal de Meca (1058 m], Puntal de Mediodía (1146 m), Puntal de Tortosilla (1199 m), Montemayor (1105 m), Peñón de los Machos (1091 m) ou Palomeras (1258 m).
Ten un clima mediterráneo continentalizado, con invernos fríos e veráns cálidos e secos. A oscilación térmica anual supera os 15 °C.
Entidades de poboación
[editar | editar a fonte]Amais da propia vila de Ayora están os núcleos de Casas de Madrona, San Benito (xunto á antiga lagoa de San Benito) e La Vega.
A vila de Ayora ten os barrios de Los Altos[3], El Hueco, Santa Lucía, La Solana, Santa Bárbara, Los Corrales e Chichiles.
Historia
[editar | editar a fonte]Da prehistoria consérvanse estacións de arte rupestre. Foron descubertas a comezos do século XX polo mestre Pascual Serrano Gómez, veciño de Bonete. Máis recentemente se descubriu o friso de El Abrigo del Sordo. En 1998 a Unesco declarounas Patrimonio da Humanidade dentro do conxunto da Arte Rupestre do Arco Mediterráneo da Península Ibérica.[4]
O poboado ibero de Castellar de Meca foi desocupado trala romanización. Trala ocupación musulmá no século VIII, a vila foi conquistada no século XIII por Xaime I de Aragón, quen a cedeu ao reino de Castela no Tratado de Almizra (1244). Levouse a cabo unha repoboación con xentes chegadas de Castela, o que explica o predominio de fala castelá na zona. Os musulmáns da vila construíron un barrio extramuros, actual barrio de Santa Lucía[5]. En 1281 o Tratado de Campillo entre Afonso X de Castela e Pedro III de Aragón recollía a cesión do Val de Cofrents en compensación pola axuda prestada na pacificación da revolta mourisca. Porén, a integración definitiva de Ayora no Reino de Valencia tivo lugar en 1305 co Acordo de Elche e referendada baixo o reinado de Xaime II de Aragón.
Durante a Guerra de Sucesión Española a vila apoiou ao Arquiduque Carlos antes da batalla de Almansa (1707), polo cal sufriu o asedio das tropas borbónicas dirixidas polo conde de Pinto, quen asaltou a vila e incendiou o castelo[6]
En 1822 foi incluída na provincia de Xàtiva, mais desde a división territorial de España en 1833 pertence á provincia de Valencia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A aldea de San Benito, xunto á antiga lagoa, hoxe desecada.
-
Entrada a Casas de Madrona.
-
Camiño de acceso a El Castellar de Meca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística, España (ed.). "Padrón. Población por municipios. Ayora". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Celdrán, Pancracio (2009). "Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios". Madrid: Espasa: 100. ISBN 978-84-670-3054-9.
- ↑ Ayora Turirsmo. "Nuestra historia". Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
- ↑ Fonte: Associació Catalana d'Art Prehistòric, ACAP.
- ↑ Torres Fontes, Juan. "Tratados, pactos y convivencia cristiano-musulmana en el Reino de Murcia (1243-1266)" (PDF). Región de Murcia. Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
- ↑ La Guerra de sucesión en Ayora. Caja de Ahorros del Mediterráneo. 1991. ISBN 9788475990897. Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aparicio, José; Meseguer, Vicente; Rubio, Francisco (1982): El primer Arte Valenciano. II El Arte Rupestre Levantino, Valencia.
- Grimal, Alexandre; Alonso, Anna (2010): "Centenario de la Cueva de la Vieja (Alpera) y el primer descubrimiento en Ayora del Arte Prehistórico de la Comunidad Valenciana", Real Academia de Cultura Valenciana, Sección de Prehistoria y Arqueología, 23, pp. 17–45.
- Grimal Navarro, Alexandre, Alonso Tejada, Anna (2010): La Cueva de la Vieja. 100 Años de Arte Prehistórico en Albacete, Conmemoración del I Centenario del descubrimiento de la “Cueva de la Vieja”, Ayuntamiento de Alpera, 182 pp. 328 fotos color. ISBN 978-84-693-9862-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ayora |