Clemente III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(década de 1200) | |
Nome orixinal | (la) Clemens PP. III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma (Estados Pontificios) |
Morte | 20 de marzo de 1191 ↔ 10 de abril de 1191 Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
174º Papa | |
7 de xaneiro de 1188 (Gregoriano) – 27 de marzo de 1191 (Gregoriano) ← Gregorio VIII – Celestino III → | |
Cardeal bispo de Palestrina diocese suburbicaria de Palestrina | |
1181 (Gregoriano) – 1187 (Gregoriano) – Gérard Mainard → | |
Cardeal | |
marzo de 1179 (Gregoriano) – | |
Archpriest of the Basilica di Santa Maria Maggiore (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Clemente III (de nome de bautizo Paolo Scolari), nado en Roma en 1130 e morto o 27 de marzo de 1191, foi Papa da Igrexa católica do 1187 ao 1191.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paolo Scolari, cardeal de Palestina, foi escollido papa o 20 de decembro de 1187 na cidade de Pisa por mor de que na mencionada cidade morreu o seu antecesor mentres preparaba a reconquista de Xerusalén.
Inmediatamente, e aproveitando a boa acolleita dos seus paisanos romanos, empezou a traballar para conseguir o regreso do papado a Roma, cidade da cal os papas se exiliaron en 1153 ao constituírse Roma en municipio libre baixo o mandato de Arnaldo de Brescia, chegándose a un acordo que permitiu a Clemente III volver a Roma en 1188 e escoller o gobernador da cidade, a cambio do recoñecemento do Senado Romano e da elección polo pobo dos seus maxistrados.
Logo deste éxito, Clemente III dirixe a súa atención á reconquista de Xerusalén mediante a organización da Terceira Cruzada. Para o que se reconciliou co emperador Federico I conseguindo que se puxese á fronte dun poderoso exército en que tamén participarán o rei inglés Ricardo I Corazón de León e o francés Filipe II Augusto.
Aínda así o conflito co emperador xermánico non tardará en reavivarse cando, á morte en 1189 do vasalo do papa Guillerme II de Sicilia, Henrique VI que sucedera ao seu pai Federico I, morto en Terra Santa, reclama o reino siciliano facendo valer os dereitos da súa esposa Constanza.
O Papa, vendo perigar a súa independencia se Henrique VI conseguía o seu propósito, apoia a elección como rei de Tancredo de Lecce, o que provoca a entrada do emperador xermánico en Italia á fronte dun gran exército para forzar unha entrevista co Papa e conseguir o recoñecemento dos seus dereitos, o cal non conseguiu debido á morte de Clemente III o 27 de marzo de 1191.
San Malaquías
[editar | editar a fonte]As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De schola exiet (Saído da escola), que fai referencia ao seu apelido, Scolari (= da escola).
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |