Saltar ao contido

Nacionalismo branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os membros do grupo neonazi "Garda Aria", organizan unha manifestación a prol do orgullo branco en Calgary, Alberta, no Canadá.

O nacionalismo branco é un tipo de nacionalismo ou pannacionalismo racista que defende a crenza que as persoas brancas son unha raza[1] e busca desenvolver e manter unha identidade racial e nacional branca.[2][3][4] Moitos dos seus defensores identifícanse e adhírense ao concepto dunha nación branca ou dun "etnoestado branco".[5]

Os analistas describen o nacionalismo branco como algo que se solapa co supremacismo branco e o separatismo branco.[4][6][7][8][9][10] O nacionalismo branco descríbese ás veces como un eufemismo ou un subconxunto do supremacismo branco, e os xornalistas e analistas empregaron ambos termos indistintamente.[8][11] O separatismo branco é a busca dun "estado só para brancos", mentres que o supremacismo é a crenza de que os brancos son superiores aos non brancos e deben dominalos,[7][8][9] tomando ideas do darwinismo social e do nazismo.[12] Os nacionalistas brancos adoitan evitar usar o termo "supremacía" porque ten connotacións negativas.[13][14]

Os nacionalistas brancos din que buscan asegurar a supervivencia da raza branca e das culturas dos estados historicamente brancos. Sosteñen que os brancos deben manter a súa maioría nos países de maioría branca, manter o seu dominio político e económico, e que as súas culturas deben ser o máis importante.[4] Moitos nacionalistas brancos cren que a mestizaxe, o multiculturalismo, a inmigración de non brancos e as baixas taxas de natalidade entre os brancos están ameazando a raza branca,[7] e algúns argumentan que equivale a un xenocidio branco.[15] Os críticos sosteñen que o termo "nacionalismo branco" é simplemente un "cambio de nome" e que ideas como o orgullo branco existen soamente para achegar unha cara pública aséptica á supremacía branca, e que a maioría dos grupos nacionalistas brancos promoven a violencia racial.[7][16]

  1. Heidi Beirich and Kevin Hicks. "Chapter 7: White nationalism in America". In Perry, Barbara. Hate Crimes. Greenwood Publishing, 2009. pp.114–115
  2. Conversi, Daniele (xullo de 2004). "Can nationalism studies and ethnic/racial studies be brought together?". Journal of Ethnic and Migration Studies 30 (4): 815–29. doi:10.1080/13691830410001699649. 
  3. Heidi Beirich and Kevin Hicks. "Chapter 7: White Nationalism in America". In Perry, Barbara. Hate Crimes. Greenwood Publishing, 2009. p.119. "One of the primary political goals of white nationalism is to forge a white identity".
  4. 4,0 4,1 4,2 "White Nationalism, Explained". The New York Times. 21 de novembro de 2016. "O nacionalismo branco, dixo, é a crenza de que a identidade nacional debe construírse arredor da etnia branca e que, polo tanto, os brancos deben manter tanto a maioría demográfica como o dominio da cultura e da vida pública da nación. [...] o nacionalismo branco consiste en manter o dominio político e económico, non só a maioría numérica ou a hexemonía cultural".
  5. Rothì, Despina M.; Lyons, Evanthia; Chryssochoou, Xenia (febreiro de 2005). "National attachment and patriotism in a European nation: a British study". Political Psychology 26 (1): 135–55. doi:10.1111/j.1467-9221.2005.00412.x.  Neste documento, o nacionalismo denomínase "contido de identidade" e o patriotismo "orientación relacional"
  6. Romm, Tony; Dwoskin, Elizabeth (27 de marzo de 2019). "Facebook says it will now block white-nationalist, white-separatist posts". The Washington Post (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2019. Os grupos de dereitos civís aplaudiron a medida. Non hai ningunha distinción defendible que poida estabelecerse entre a supremacía branca, o nacionalismo branco ou o separatismo branco na sociedade actual", dixo o mércores nun comunicado Kristen Clarke, presidenta e directora executiva do Comité de Abvgados polos Dereitos Civís baixo a Lei. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 FBI Counterterrorism Division (13 de decembro de 2006). State of domestic white nationalist extremist movement in the United States. FBI Intelligence Assessment. p. 4. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Perlman, Merrill (14 de agosto de 2017). "The key difference between 'nationalists' and 'supremacists'". Columbia Journalism Review (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Daniszewski, John. "How to describe extremists who rallied in Charlottesville". Associated Press. 15 de agosto de 2017.
  10. "White Nationalist". Southern Poverty Law Center (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  11. Sterling, Joe. "White nationalism, a term once on the fringes, now front and center". CNN. 
  12. Loftis, Susanne (11 de abril de 2003). "Interviews offer unprecedented look into the world and words of the new white nationalism". Vanderbilt News (Vanderbilt University). 
  13. Zeskind, Leonard (novembro de 2005). "The New Nativism: The alarming overlap between white nationalists and mainstream anti-immigrant forces". The American Prospect 16 (11). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  14. Hughey, Matthew (2012). White Bound: Nationalists, Antiracists, and the Shared Meanings of Race (en inglés). Stanford University Press. pp. 198–199. ISBN 9780804783316. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  15. FBI Counterterrorism Division (13 de decembro de 2006). State of domestic white nationalist extremist movement in the United States. FBI Intelligence Assessment. p. 4. 
  16. CQ Researcher (2017). Issues in Race and Ethnicity: Selections from CQ Researcher. SAGE Publications. pp. 5–6. ISBN 978-1-5443-1635-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]