Paul J. Crutzen
Paul Jozef Crutzen, nado en Ámsterdan (Países Baixos) o 3 de decembro de 1933 e finado o 28 de xaneiro de 2021, foi un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ámsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 estabeleceuse en Suecia coa súa familia, traballou na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtivo o título de doutor en Meteoroloxía. Traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, nos Estados Unidos. Desde 1980 foi membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Maguncia (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.
Traballo científico
[editar | editar a fonte]Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland, á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as substancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.
En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1995 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1995 (en inglés)
- Paul J. Crutzen en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Paul J. Crutzen en NNDB (en inglés)
- A súa páxina web
Predecesor: George Andrew Olah |
Premio Nobel de Química 1995 con Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland |
Sucesor: Robert Curl, Harold Walter Kroto e Richard Errett Smalley |