Saltar ao contido

William Francis Giauque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Francis Giauque
Biografía
Nacemento12 de maio de 1895 Editar o valor en Wikidata
Niagara Falls, Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1982 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorge Ernest Gibson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoTheodore H. Geballe (pt) Traducir, David A. Shirley (en) Traducir, Ian R. Bartky (en) Traducir e Thomas Reichert (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джиок Уильям Фрэнсис)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.103) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Giauque-27

William Francis Giauque, nado o 12 de maio de 1895 en Niagara Falls e finado o 28 de marzo de 1982 en Berkeley, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1949.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

William naceu en Niagara Falls, en Ontario, Canadá. Emigrou canda a súa familia aos Estados Unidos, de onde lle proviñan os pais,pero trala morte do pai en 1908, a familia volveu ás caratatas do Niágara, e Giauque estudou secundaria no instituto colexial Niagara Falls.

Tras graduarse, buscou traballo en varias centrais hidroeléctricas nas caratatas do Niágara debido a razóns económicas e querer lograr unha carreira en enxeñería eléctrica pero fracasou. Con todo, contactou coa Hooker Electro-Chemical Company de Nova York, que o instou a aceptar o emprego no seu laboratorio. Como consecuencia dese traballo, Giaque decidiu facerse enxeñeiro químico. Logo de ser dous anos empregado desa compañía, entrou ao Chemistry College da Universidade de Berkeley, onde se licenciou en 1920, foi membro honorable (Fellow) desa universidade desde 1920 a 1921 e axudante de James M. Goewey desde 1921 a 1922. Recibiu o seu grao de doutoramento químico en 1922.

Baixo a supervisión de Gilbert N. Lewis iniciou a súa tarefa docente na Universidade de Berkeley en 1922 como Instrutor de Química. Tras pasar a través dos diferentes graos do profesorado, chegou a ser nomeado profesor titular de química en 1934, cargo que ostentou ata que se retirou en 1962.

En 1932, Giauque contraeu matrimonio con Muriel Frances Ashley. Tiveron dous fillos.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Giauque interesouse por investigar a Terceira lei da termodinámica, durante esta investigación experimental estivo baixo a tutela de profesor G.E. Gibson que comparaba as entropías relativas de cristais coas do cristal de glicerina. O seu obxectivo principal era demostrar a través dunha gama de probas apropiadas que: a Terceira lei da termodinámica é unha lei natural básica.

En 1926, propuxo un método para observar temperaturas considerablemente inferiores a 1 K (-272,15 °C). Desenvolveu un dispositivo magnético de refrixeración segundo o seu propio deseño para lograr este resultado, conseguindo chegar máis cerca do cero absoluto que o que moitos científicos pensaban posible. Este traballo "trailblazing", á parte de probar unha das leis fundamentais da natureza conduciu a fortificar o aceiro, mellorar a gasolina e a desenvolver procesos máis eficientes nunha diversidade de industrias.

As súas investigacións e a dos seus estudantes incluíron unha gran cantidade de determinacions da entropía medidas a baixa temperatura, particularmente en gases condensados. As entropías e outras características termodinámicas de moitos gases tamén foron determinadas a través da estadística cuántica e dos niveis de enerxía moleculares dispoñibles na banda espectral, así como doutras fontes. As súas investigacións interrelacionadas coa entropía do osíxeno do Dr. Herrick. L. Johnston, conduciu ao descubrimento dos isótopos 17 e 18 do osíxeno na atmosfera terrestre e demostrou que os físicos e os químicos estiveran empregando diversas escalas de peso atómico durante anos sen sabelo sequera.

En 1949 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus estudos en termodinámica, especialmente polas súas investigacións sobre as propiedades das substancias a baixas temperaturas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Arne Wilhelm Kaurin Tiselius
Premio Nobel de Química

1949
Sucesor:
Otto Paul Hermann Diels e Kurt Alder