Saltar ao contido

Igrexa de Anga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Anga
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónAnga
Coordenadas57°28′49″N 18°42′23″L / 57.48036111, 18.70644444
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/romakloster/anga-kyrka
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Anga (sueco: Anga kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Anga, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Anga toma o seu nome dunha granxa agora desaparecida, mencionada nunha incrición dunha pedra rúnica de finais do século XI. O primeiro edificio foi construído probablemente como igrexa para a gran granxa. Durante escavacións arquolóxicas levadas a cabo entre 1946 e 1947 atóparonse restos de madeira queimada, o que podería indicar que a primeira igrexa podería ter sido unha stavkirke.[1]

A presente igrexa de estilo románico foi construída durante o século XIII.[2] Grazas a investigacións dendrocronolóxicas de detalles de madeira aínda intectos, a igrexa pode datarse de xeito preciso. O coro e a ábsida, as partes máis antigas da igrexa, foron construídos ao redor do ano 1215. A nave data de 1250 e a torre de 1265.[1]

A igrexa é unha das mellor conservadas en Gotland de estilo románico, e dá unha boa impresión de como puideron ser a meirande parte das igrexas da illa nalgún momento. O interior destaca pola súa rica decoración na forma de frescos que datan de dous períodos. Os máis antigos son de finais do século XIII. Son principalmente ornamentais e de forma pouco común están asinados polo artista, un pintor chamado Halvard. Existe unha inscrición das mesmas datas en runas escritas en gutnish antigo que di o nome dos granxeiros da parroquia que constribuíron con bois e días de traballo na construción da igrexa, amosando que foi un traballo comunal. O outro conxunto de frescos representan a Paixón de Cristo xunto con lendas de santos e foi feito a mediados do século XV.[1][2]

A igrexa foi decorada con gran cantidade de esculturas medievais de madeira, das cales a meirande parte atópanse no presente no Museo de Gotland en Visby. Na igrexa aínda se atopa o retablo, que data da década de 1370, e a cruz triunfal, do século XV.[1] Tamén hai unha tumba no coro do século XII cunha inscrición rúnica.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det Medeltida Gotland. En arkeologisk guidebok. Lund. pp. 187–188. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 92–95. ISBN 9129410355.