Saltar ao contido

Igrexa de Atlingbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Atlingbo
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónAtlingbo
Coordenadas57°28′48″N 18°23′27″L / 57.47994, 18.39081
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Atlingbo (sueco: Atlingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Atlingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A presente igrexa foi construída no mesmo lugar que unha anterior do século XII, unha das igrexas de pedra máis antigas de Gotland. A actual levandouse durante o século XIII. As partes máis antigas son o coro e a ábsida, da primeira metade do século. A nave e a base da torre construíronse ao final do século, pero a torre nunca chegou a completarse. A sancristía, cun almacén baixo o mesmo teito, engadíuse en 1800-1801 xunto o muro norte do presbiterio.

A igrexa ten tres portais medievais, dous góticos, no sur da nave e no norte da base da torre, e un románico, no sur do coro. As tres fiestras da ábsida son orixinais, ao igual que a fiestra do sur da nave e unha redonda no oeste. Entre o seu mobiliario destaca a pía bautismal, realizada durante o século XII probablemente polo escultor románico coñecido como Byzantios. O altar e o púlpito son do século XVII, mentres que os bancos son do XVIII.[1]

A igrexa foi extensamente restaurada entre os anos 1956 e 1957 por suxestión do arquitecto Olle Karth.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Region Gotland (ed.). "Atlingbo kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018. 
  2. Lagerlöf, Erland (1991). Gotlands kyrkor: en vägledning (4., omarb. uppl ed.). Stockholm: Rabén & Sjögren. ISBN 91-29-61598-4. OCLC 35041852.