Saltar ao contido

Igrexas en Gotland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Das igrexas da illa sueca de Gotland, 93 (a gran maioría) son medievais. 92 delas están situadas en zonas rurais,[1] estando só a catedral de Visby dentro da cidade amurallada de Visby, a capital e maior poboación da illa. Porén, durante a Idade Media, a cantidade de igrexas foi incluso maior, con 12 en Visby e 4 máis nas zonas rurais. Algunhas destas aínda son visibles como ruínas máis ou menos ben conservadas.[2]

O desenvolvemento da arquitectura das igrexas en Gotland. Arriba: Anga, unha igrexa románica inalterada. Medio: Garde, comezada a reconstrución pero non rematada. Abaixo: Rone, totalmente reconstuída e finalizada sobre o 1300

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Gotland comezou a abandonar gradualmente o paganismo nórdico e a adoptar o cristianismo durante o século XI.[3] As primeiras igrexas en ser construídas na illa foron de madeira, feitas á maneira das stavkirke.[1] Ningunha delas sobreviviu intacta. Os restos mellor conservados, hoxe en día no Museo sueco de historia, son as da stavkirke de Hemse.[2] Descubríronse restos e evidencias arqueolóxicas das primeiras stavkirke en dez sitios diferentes de Gotland. Os restos apuntan a unha decoración artística que lembra á arte viquinga.[4]

As igrexas de pedra comezaron a substituír as de madeira durante o século XII.[1] Esas igrexas eran de estilo románico, con influencias que procedían principalmente da arquitectura danesa e do oeste de Alemaña,[2] aínda que nun número limitado tamén do Imperio Bizantino.[4] De xeito importante, a construción da catedral de Lund, en Escania, estableceu unha fonte de influencias na veciñanza relativa. Do mesmo xeito, o establecemento en 1164 do mosteiro cisterciense de Roma, en Gotland, trouxo importantes influencias cistercienses ao seguinte período de construción de igrexas. Estas igrexas románicas foron ás veces decoradas internamente con frescos. Aquí tamén as influencias veñen máis a miúdo do oeste e do sur, pero ás veces tamén dende Rusia. De xeito semellante, as igrexas foron adornadas con esculturas de pedra,[2] destacando as decoradas pías bautismais. Aquí tamén, as influencias veñen tanto do leste como do oeste, pero os propios escultores parece que eran nativos de Gotland.[4] Finalmente, algunhas igrexas tamén presentan ocasionalmente esculturas de madeira, como cruces triunfais. Estas amosan un estilo occidental máis uniformemente marcado, con influencias de Francia ou o oeste de Alemaña.[2]

Durante o século XIII, iniciáronse traballos de reconstrución en varias desas primeiras igrexas e tamén encargáronse outras novas. Gotland estaba gozando dun período de prosperidade grazas ao aumento do comercio, e, posiblemente, debido ao seu papel de zona de parada para os cruzados que partían cara a costa leste do Báltico.[3] As igrexas fixéronse máis grandes e elaboradas. O estilo comezou a cambiar en favor do gótico, aínda que poucas igrexas en Gotland amosan un estilo gótico pronunciado. As partes máis elaboradas desas igrexas adoitan a ser os portais, principalmente os portais principais orientados cara ao sur.[2] As súas torres son tamén máis altas e elaboradas ca as torres anteriores (sendo a miúdo deseñadas tamén con propósito defensivo). Outra característica típica é o coro cadrado que carece de ábsida e no seu lugar ten un muro oriental recto con tres fiestras.[4] Internamente, os frescos e as esculturas de madeira continuaron a gañar en popularidade, ademais de vidreiras. As influencias artísticas viñeron a través de Visby principalmente dende o oeste de Alemaña. Ao final deste período Gotland entrou nunha etapa de decadencia económica. Tras a peste negra, a invasión da illa por parte de Valdemar IV de Dinamarca e da batalla de Visby (1361), e dun descenso xeral no comercio, moitas igrexas quedaron sen rematar. Polo tanto, varias igrexas de Gotland amosan unha forma peculiar, onde o coro é gótico e desproporcionalmente grande en comparación co resto da igrexa de estilo románico. Neses casos, a reconstrución da igrexa comezou polo coro pero tivo que deterse antes de poder rematarse.[2]

Dende aproximadamente o ano 1400 non se construíron novas igrexas e a actividade de construción relixiosa descendeu drasticamente. Internamente, algunhas igrexas recibiron novos adornos na forma de novos retablos ou frescos durante os séculos XV e XVI. Tras a Reforma, introduciuse un novo tipo de retablos e púlpitos.[2] Eses elementos post-Reforma dos séculos XVII e XVIII están moi ben representados nas igrexas da illa.[1]

A actividade de construción de igrexas en Gotland polo tanto tivo lugar nun período aproximado de 250 anos, dende a redor do ano 1100 ata o 1350. Ata principios do século XIII o ritmo de construción foi comparable ao do resto de Escandinavia. A partir de entón tanto o número como o tamaño das novas igrexas incrementouse de forma significativa, ata que a construción parou completamente ao final da Idade Media.[3]

Só unhas poucas das igrexas construídas en Gotland foron alteradas en boa medida dende o final da Idade Media, algo infrecuente no contexto europeo, xa que as igrexas medievais foron en xeral fortemente reconstruídas ou renovadas durante o século XIX. As igrexas parroquiais medievais de Gotland forman o conxunto de igrexas mellor onservadas de Suecia,[3] e de feito en toda a rexión do Báltico.[5]

Durante o século XX construíronse un pequeno número de igrexas novas, principalmente en Visby. A gran maioría das igrexas de Gotland pertencen á Igrexa luterana de Suecia e á diocese de Visby.

As igrexas

[editar | editar a fonte]

A menos que se especifique o contrario, as igrexas de Gotland noméanse pola súa localidade.

Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Akebäck 1149 57°32′50″N 18°23′32″L / 57.54722, -18.39222 (Akebäck Church) [6]
Igrexa de Ala Do século XII ata mediados do XIII 57°25′08″N 18°38′07″L / 57.41889, -18.63528 (Igrexa de Ala) [7]
Igrexa de Alskog Do século XIII ata ao redor do 1300 57°19′53″N 18°37′37″L / 57.33139, -18.62694 (Alskog Church) [2]
Igrexa de Alva Século XII 57°12′27″N 18°21′41″L / 57.20750, -18.36139 (Alva Church) [8]
Igrexa de Anga Século XIII 57°28′49″N 18°42′23″L / 57.48028, -18.70639 (Anga Church) [3]
Igrexa de Ardre c. 1200 ata c. 1250 57°22′46″N 18°41′48″L / 57.37944, -18.69667 (Ardre Church) [2]
Igrexa de Atlingbo Século XIII 57°28′47″N 18°23′26″L / 57.47972, -18.39056 (Atlingbo Church) [9]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Barlingbo c. 1225 ata c. 1280 57°33′52″N 18°27′47″L / 57.56444, -18.46306 (Barlingbo Church) [2]
Igrexa de Björke De mediados do s. XIII ata mediados do XIV 57°30′26″N 18°25′16″L / 57.50722, -18.42111 (Björke Church) [10]
Igrexa de Boge Século XIII 57°41′13″N 18°45′46″L / 57.68694, -18.76278 (Boge Church)
Igrexa de Bro c. 1240 ata c. 1300 57°40′12″N 18°28′29″L / 57.67000, -18.47472 (Bro Church) [3]
Igrexa de Bunge Principios do s. XIV 57°51′13″N 19°01′24″L / 57.85361, -19.02333 (Bunge Church) [3]
Igrexa de Burs Século XIII 57°14′44″N 18°30′31″L / 57.24556, -18.50861 (Burs Church)
Igrexa de Buttle Século XII 57°24′09″N 18°31′48″L / 57.40250, -18.53000 (Buttle Church)
Igrexa de Bäl Século XIII 57°38′41″N 18°37′58″L / 57.64472, -18.63278 (Bäl Church)
Igrexa de Dalhem Século XIII 57°33′08″N 18°32′02″L / 57.55222, -18.53389 (Dalhem Church) Fortemente restaurada 1899-1914 [3]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Eke Século XIII 57°10′04″N 18°22′45″L / 57.16778, -18.37917 (Eke Church)
Igrexa de Ekeby Século XIII 57°35′44″N 18°30′52″L / 57.59556, -18.51444 (Ekeby Church)
Igrexa de Eksta Século XIII 57°17′11″N 18°12′23″L / 57.28639, -18.20639 (Eksta Church)
Igrexa de Endre Século XII 57°36′36″N 18°27′55″L / 57.61000, -18.46528 (Endre Church)
Igrexa de Eskelhem c. 1200 ata mediados do s. XIV 57°29′22″N 18°12′35″L / 57.48944, -18.20972 (Eskelhem Church) [3]
Igrexa de Etelhem 1300 57°20′14″N 18°29′45″L / 57.33722, -18.49583 (Etelhem Church)
Igrexa de Fardhem c. 1170 ata c. 1260 57°15′20″N 18°20′29″L / 57.25556, -18.34139 (Fardhem Church) [3]
Igrexa de Fide Século XIII 57°04′25″N 18°18′58″L / 57.07361, -18.31611 (Fide Church)
Igrexa de Fleringe Século XIII 57°52′10″N 18°52′37″L / 57.86944, -18.87694 (Fleringe Church)
Igrexa de Fole Inaugurada en 1280 57°39′02″N 18°32′41″L / 57.65056, -18.54472 (Fole Church) [2]
Igrexa de Follingbo Século XIII 57°34′56″N 18°23′0″L / 57.58222, -18.38333 (Folingbo Church)
Igrexa de Fröjel Do s. XII ao XIV 57°20′08″N 18°11′23″L / 57.33556, -18.18972 (Fröjel Church) [4]
Igrexa de Fårö Século XIV 57°54′56″N 19°08′0″L / 57.91556, -19.13333 (Fårö Church) O cineasta Ingmar Bergman está enterrado no seu cemiterio
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Gammelgarn Século XIV 57°24′16″N 18°48′16″L / 57.40444, -18.80444 (Gammelgarn Church) Torre defensiva do século XII pegada (na imaxe) [4]
Igrexa de Ganthem Finais do s. XII ata principios do XIII 57°30′57″N 18°34′54″L / 57.51583, -18.58167 (Ganthem Church) [2]
Igrexa de Garde c. 1130 ata c. 1310 57°19′01″N 18°34′55″L / 57.31694, -18.58194 (Garde Church) [3]
Igrexa de Gerum c. 1200 ata c. 1300 57°17′40″N 18°19′46″L / 57.29444, -18.32944 (Gerum Church)
Capela de Gnisvärd 1839 57°30′26″N 18°06′44″L / 57.50722, -18.11222 (Gnisvärd Chapel) [11]
Igrexa de Gothem Do s. XIII ata principios do XIV 57°34′31″N 18°44′06″L / 57.57528, -18.73500 (Gothem Church) [3]
Igrexa de Grötlingbo Primeira metade do s. XIII ata mediados do XIV 57°08′01″N 18°20′47″L / 57.13361, -18.34639 (Grötlingbo Church) [3]
Igrexa de Guldrupe Finais do século XII 57°25′49″N 18°25′35″L / 57.43028, -18.42639 (Guldrupe Church) [12]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Hablingbo Finais do s. XII ata c. 1320 57°11′14″N 18°15′45″L / 57.18722, -18.26250 (Hablingbo Church) [3]
Igrexa de Hall Segundo cuarto do s. XIII 57°53′31″N 18°42′57″L / 57.89194, -18.71583 (Hall Church) [2]
Igrexa de Halla c. 1200 ata o s. XIV 57°30′39″N 18°29′50″L / 57.51083, -18.49722 (Halla Church) [2]
Igrexa de Hamra Mediados do s.XIII ata principios do XIV 56°58′33″N 18°18′48″L / 56.97583, -18.31333 (Hamra Church) [3]
Igrexa de Hangvar Século XIII 57°50′21″N 18°41′18″L / 57.83917, -18.68833 (Hangvar Church) [2]
Igrexa de Havdhem Primeira metade do s. XII ata mediados do XIII 57°09′45″N 18°19′23″L / 57.16250, -18.32306 (Havdhem Church) [2]
Igrexa de Hejde Mediados do s. XIII ata mediados do XIV 57°24′46″N 18°20′45″L / 57.41278, -18.34583 (Hejde Church) [13]
Igrexa de Hejdeby Século XIII 57°37′49″N 18°26′34″L / 57.63028, -18.44278 (Hejdeby Church) [4]
Igrexa de Hejnum De principios a mediados do s. XIII 57°40′48″N 18°37′55″L / 57.68000, -18.63194 (Hejnum Church) [14]
Igrexa de Hellvi Século XIII 57°46′30″N 18°53′42″L / 57.77500, -18.89500 (Hellvi Church)
Igrexa de Hemse Século XIII 57°13′58″N 18°22′22″L / 57.23278, -18.37278 (Hemse Church) Localización orixinal da stavkirke de Hemse
Igrexa de Hogrän Século XIII 57°30′16″N 18°18′28″L / 57.50444, -18.30778 (Hogrän Church)
Igrexa de Hörsne Século XIII 57°33′30″N 18°35′50″L / 57.55833, -18.59722 (Hörsne Church)
Igrexa de Klinte Século XIII 57°22′42″N 18°13′55″L / 57.37833, -18.23194 (Klinte Church)
Capela de Kovik 1963 57°24′33″N 18°09′53″L / 57.40917, -18.16472 (Kovik Chapel)
Igrexa de Kräklingbo Século XIII 57°26′42″N 18°42′40″L / 57.44500, -18.71111 (Kräklingbo Church)
Igrexa de Källunge Do s. XII ata o XIV 57°36′28″N 18°35′04″L / 57.60778, -18.58444 (Källunge Church) [3]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Lau Mediados do s. XIII ata c. 1300 57°16′58″N 18°37′12″L / 57.28278, -18.62000 (Lau Church) [3]
Igrexa de Levide Finais do s. XII ata mediados do XIII 57°16′55″N 18°15′59″L / 57.28194, -18.26639 (Levide Church) [2]
Igrexa de Linde Finais do s. XII ata principios do XIII 57°16′46″N 18°22′47″L / 57.27944, -18.37972 (Linde Church) [2]
Igrexa de Lojsta Século XIII 57°18′46″N 18°23′02″L / 57.31278, -18.38389 (Lojsta Church)
Igrexa de Lokrume Inaugurada en 1277 57°41′16″N 18°32′19″L / 57.68778, -18.53861 (Lokrume Church) [2]
Igrexa de Lummelunda Século XIII 57°46′11″N 18°27′19″L / 57.76972, -18.45528 (Lummelunda Church)
Igrexa de Lye Do s. XII ao XIV 57°17′52″N 18°31′34″L / 57.29778, -18.52611 (Lye Church) Contén o conxunto de vidreiras medievais mellor conservadas dos países nórdicos [3]
Igrexa de Lärbro Rematada c. 1340 57°47′13″N 18°47′37″L / 57.78694, -18.79361 (Lärbro Church) Torre defensiva do s. XII pegada (na imaxe) [3]
Igrexa de Martebo De mediados do s. XIII ata c. 1310 57°44′55″N 18°29′31″L / 57.74861, -18.49194 (Martebo Church) [3]
Igrexa de Mästerby c. 1200 ata mediados do s. XIV 57°28′11″N 18°18′14″L / 57.46972, -18.30389 (Mästerby Church) [3]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Norrlanda Século XIII 57°30′05″N 18°39′34″L / 57.50139, -18.65944 (Norrlanda Church)
Igrexa de När Século XIII 57°15′26″N 18°37′30″L / 57.25722, -18.62500 (När Church)
Igrexa de Näs Mediados do s. XIII 57°06′36″N 18°15′44″L / 57.11000, -18.26222 (Näs Church) [2]
Igrexa de Othem Mediados do s. XIII 57°44′50″N 18°44′19″L / 57.74722, -18.73861 (Othem Church) [3]
Igrexa pentecostal de Visby 1988 57°37′39″N 18°18′09″L / 57.62750, -18.30250 (Pentecostal Church, Visby) Prtencente á igrexa pentecostal
Igrexa de Roma Século XIII 57°31′42″N 18°26′31″L / 57.52833, -18.44194 (Roma Church) Non confundir coa abadía de Roma que se atopa nas proximidades [3]
Igrexa de Rone Século XIII 57°12′32″N 18°26′28″L / 57.20889, -18.44111 (Rone Church)
Igrexa de Rute Século XIII 57°50′01″N 18°55′24″L / 57.83361, -18.92333 (Rute Church)
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Sanda Mediados do s. XIII ata mediados do XIV 57°25′45″N 18°13′24″L / 57.42917, -18.22333 (Sanda Church) [15]
Igrexa de Silte De mediados a finais do s. XIII 57°13′15″N 18°14′12″L / 57.22083, -18.23667 (Silte Church) [2]
Igrexa de Sjonhem Século XIII 57°29′08″N 18°31′14″L / 57.48556, -18.52056 (Sjonhem Church) [15]
Igrexa de Slite 1960 57°42′26″N 18°47′45″L / 57.70722, -18.79583 (Slite Church)
Igrexa de Sproge Primeira metade do s. XIII 57°15′13″N 18°12′39″L / 57.25361, -18.21083 (Sproge Church) [2]
Igrexa de Stenkumla De principios do s. XIII ata principios do XIV 57°32′51″N 18°16′06″L / 57.54750, -18.26833 (Stenkumla Church) [15]
Igrexa de Stenkyrka Inaugurada en 1255 57°29′28″N 18°31′14″L / 57.49111, -18.52056 (Stenkyrka Church) [3]
Igrexa de Stånga De mediados do s. XIII ata mediados do XIV 57°16′59″N 18°27′57″L / 57.28306, -18.46583 (Stånga Church)
Igrexa de Sundre Século XIII 56°56′09″N 18°10′54″L / 56.93583, -18.18167 (Sundre Church) Torre defensiva pegada (na imaxe) [3]
Igrexa de Tingstäde Da primeira metade do s. XIII ata principios do XIV 57°44′10″N 18°36′53″L / 57.73611, -18.61472 (Tingstäde Church) [3]
Igrexa de Tofta Século XIII 57°31′17″N 18°10′07″L / 57.52139, -18.16861 (Tofta Church)
Igrexa de Träkumla Inaugurada en 1287 57°33′37″N 18°18′46″L / 57.56028, -18.31278 (Träkumla Church) [16]
Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias
Igrexa de Vall Século XIII 57°31′14″N 18°20′42″L / 57.52056, -18.34500 (Vall Church) [2]
Igrexa de Vallstena De principios do s. XIII ata c. 1300 57°36′35″N 18°38′12″L / 57.60972, -18.63667 (Vallstena Church) [15]
Igrexa de Vamlingbo De mediados do s. XIII ata c. 1320 56°58′10″N 18°13′49″L / 56.96944, -18.23028 (Vamlingbo Church) [3]
Igrexa de Viklau Século XII 57°27′56″N 18°27′23″L / 57.46556, -18.45639 (Viklau Church) Unha das esculturas medievais suecas máis coñecidas, a Madonna de Viklau, pertencía orixinalmente a esta igrexa (agora atópase no museo sueco de historia)
Igrexa de Visborg 1969 57°37′28″N 18°17′06″L / 57.62444, -18.28500 (Visborg Church)
Catedral de Visby Inaugurada en 1225 57°38′30″N 18°17′51″L / 57.64167, -18.29750 (Visby Cathedral) Oficialmente catedral de Santa María de Visby (sueco: Visby S:ta Maria domkyrka) [17]
Igrexa católica de Visby 1982 57°38′31″N 18°17′43″L / 57.64194, -18.29528 (Visby Catholic Church) Pertencente á Igrexa católica; oficialmente igrexa do Corpo de Cristo
Igrexa de Vårdklockan 1875 57°38′18″N 18°17′44″L / 57.63833, -18.29556 (Vårdklockan Church) Pertencente á Igrexa unida de Suecia
Igrexa de Vänge De c. 1200 ata finais do s. XIII 57°27′07″N 18°30′41″L / 57.45194, -18.51139 (Vänge Church) [15]
Igrexa de Väskinde De c. 1250 ata c. 1280 57°41′26″N 18°25′22″L / 57.69056, -18.42278 (Väskinde Church) [15]
Igrexa de Västergarn Mediados do s. XIII 57°26′27″N 18°09′03″L / 57.44083, -18.15083 (Västergarn Church) [15]
Igrexa de Västerhejde Século XIII 57°34′50″N 18°14′53″L / 57.58056, -18.24806 (Västerhejde Church) [15]
Igrexa de Väte Século XIV 57°26′56″N 18°21′50″L / 57.44889, -18.36389 (Väte Church) [18]
Igrexa de Öja Da primeira metade do s. XIII ata mediados do XIV 57°02′07″N 18°18′0″L / 57.03528, -18.30000 (Öja Church) Acolle unha famosa cruz triunfal gótica (na imaxe):
Igrexa de Östergarn Século XIII 57°25′18″N 18°51′31″L / 57.42167, -18.85861 (Östergarn Church)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lansstyrelsen Gotlands län (ed.). "Kyrkor". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 Lagerlöf, Erland (1973). Uddevalla: Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. ISBN 9129410355. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 Andrén, Anders (2011). Lund: Historiska Media, ed. Det Medeltida Gotland. En arkeologisk guidebok [Medieval Gotland. An archaeological guide book. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof; Hejdström, Raymond (1999). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. ISBN 91-88036-32-4. 
  5. Hansson, Joakim (2005). "Lost values & unused possibilities in the medieval churches in Gotland" (PDF). Meno istorija ir kritika (MIK). 1/2005: 60–72. ISSN 1822-4547. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  6. Svenska kyrkan (ed.). "Akebäck kyrka". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  7. Söderberg, Bengt G. (1978). Gotlandskonst, ed. Kyrkorna på Gotland: The churches of Gotland. Visby. 
  8. Lindgren, Mereth e Karlsson, Lennart (1995). Signum, ed. Signums svenska konsthistoria: Den romanska konsten. Lund. ISBN 91-87896-23-0. 
  9. Region Gotland (ed.). "Atlingbo kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  10. Region Gotland (ed.). "Björke kyrka". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  11. guteinfo.com (ed.). "Gnisvärd kapell". Consultado o 25 de agosto de 2016. 
  12. Riksantikvarieämbetet (ed.). "Guldrupe kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  13. Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejde kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  14. Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejnum kyrka". Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Klarkullens förlag AB, ed. Våra kyrkor. Västervik. ISBN 91-971561-08. 
  16. Svenska kyrkan (ed.). "Träkumla kyrka". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  17. Svenska kyrkan (ed.). "Historik". Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  18. Region Gotland (ed.). "Väte kyrka". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016.