Igrexa de Stenkyrka
Igrexa de Stenkyrka | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Stenkyrka |
Coordenadas | 57°47′36″N 18°31′54″L / 57.79324, 18.53154 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
Páxina web | https://www.svenskakyrkan.se/tjorn/stenkyrka-kyrka |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Stenkyrka (sueco: Stenkyrka kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Stenkyrka, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a Gutasaga, un home chamado Lickajr o Sabio construíu unha das primeiras igrexas de Gotland en Stenkyrka. De ser certo, esa primeira igrexa probablemente fose de madeira. O nome Stenkyrka (igrexa de pedra) implica que tamén a igrexa de pedra é temperá, dun período no que as construcións feitas de pedra eran aínda pouco comúns como para darlle o seu nome a un lugar. Esta primeiro igrexa románica desapareceu, pero atopáronse restos e os arqueólogos foron capaces de determinar que era unha pequena igrexa con torre, nave e coro.[1][2]
A igrexa románica foi substituída polo presente edificio que se comezou a construír a mediados do século XIII. O coro reconstruíuse primeiro, seguido pola nave, que foi inaugurada polo bispo de Linköping en 1255. A torre engadíuse durante o século XIV, collendo como modelo ás de tres igrexas semellantes de Visby, no presente destruídas.[1][2]
A igrexa foi restaurada entre os anos 1954 e 1955.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Externamente a igrexa está dominada pola ben executada torre, unha das mellor construídas de Gotland. A igrexa ten dous sinxelos portais románicos e un portal gótico na torre. No seu interior a igrexa está ricamente decorada con frescos que datan de tres períodos diferentes. Os máis antigos son de mediados do sécuo XIII e principalmente ornamentais. Do mesmo século pero posteriores hai varias pinturas que representan animais imaxinarios, cortinas e imitacións de mármore. Os máis recentes, de finais do século XIV, amosan figuras e escenas da Biblia.[1]
O mobiliario é principalmente de despois da Reforma protestante. Un crucifixo finamente tallado data de finais do século XIV, e a pía bautismal é do século XII. A igrexa tamén é onde se atopa a lápida máis antiga de Gotland, do ano 1200.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o suroeste
-
Frescos do interior
-
Portal da torre
-
Interior