Igrexa de Sanda
Aparencia
Igrexa de Sanda | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Sanda |
Coordenadas | 57°25′45″N 18°13′24″L / 57.429296, 18.22327 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
Páxina web | https://www.svenskakyrkan.se/klinte/sanda-kyrka |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Sanda (sueco: Sanda kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Sanda, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A parte máis antiga da igrexa de Sanda é a torre, que data de mediados do século XIII. A nave é de principios do século XIV, mentres que o coro é de mediados dese século. Houbo unha igrexa anterior no mesmo lugar, e elementos desta foron incorporados como material de construción ao edificio actual. A igrexa está ricamente decorada con frescos medievais no seu interior. Estes representan diferentes motivos cristiáns. Do seu mobiliario destacan a pía bautismal, da segunda metade do século XII, e a cruz triunfal, de mediados do século XIII. A igrexa foi restaurada no ano 1956.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Interior da igrexa
-
Relieves na fachada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Våra kyrkor. Västervik: Klarkullens förlag AB. p. 680. ISBN 91-971561-08.